Coa colaboración solidaria de artistas como Mónica de Nut, Jásper Nao, Zeltia Irevire & Neves Seara, o Mago Teto, Alba María e Queco Díaz, Somdolilá, Jano Costas ou Pallasos en Rebeldía, no próximo dia 3 de abril, no Teatro Principal de Compostela, terá lugar a Gala “Eurovisión – Artwashing Apartheid, Limpeza Étnica e Xenocidio – Boicote Israel 2019”.  Expresión galega de apoio á campaña internacional contra a celebración do Festival Eurovisión da Canción en Tel-Aviv.

 

 

 

A Gala é organizada por Culturactiva Producións e BDS-Galiza, coa colaboración de Galiza por Palestina, Fundación Araguaney, Asociación Galaico-Árabe Jenin e o Concello de Compostela.