A Media Lúa Vermella en Nablus denunciou que o Exército sionista impediu as súas ambulancias de evacuaren os feridos na cidade vella.

.

 

Con el asesinato de los seis, un total de 55 palestinos han sido asesinados por disparos del ejército israelí desde principios de año, incluidos 10 menores, una mujer y un anciano.

 

 

Nove palestinos foron mortos nesta cuarta-feira, un deles un home idoso, e máis dun centenar foron feridos, seis en estado crítico, nunha nova incursión do Exército israelita na cidade palestina de Nablus, no norte da Cisxordania, segundo informou o Ministerio de Saúde e as autoridades locais.

O Ministerio de Saúde tamén informa que entre os mortos hai un menor de 16 anos, un home de 72 e outro de 61. Tamén afirmou que entre as 102 persoas feridas hai polo menos seis en estado grave.

Ao mesmo tempo, outras 73 persoas tiveron que ser sometidas a tratamento por ferida de bala nos hospitais de Nabus, catro en stado crítico e dous en estado moi crítico. Dous xornalistas tamén resultaron levemente feridos por balas reais cando cubrían a incursión do exército.

 

Segundo reportan medios palestino, unha grande forza do exército de Israel entrou na cidade vella de Nablus en horas de traballo e cando os estudantes estaban na escola. Os militares rodearon unha casa e comezaron a disparar en todas as direccións.

Os veciños fixeron frente aos soldados, que alén de dispararen balas reaias, atiraron gases lacrioxéneos e bonbas de son, o que provocou numerosos casos de asfixia na densamente poboada cidade vella.

A Media Lúa Vermella de Nablus denunciou que o exército israeita impedira as súas ambulancias de atinxiren e evacuaren as persoas feridas na cidade vella.

O primeiro ministro palestino, Mohamed Shtayeh,describiu a batida como “terrorismo organizado” e denunciou que Israel busca desviar a súa crise política interna agravando a ocupación.

Por súa vez, o presidente palestino Mahmud Abás, dixoque os incidentes de hoxe son “un crime por parte das forzas de ocupación”.

Cos assasinatos de hoxe xa son 58 as persoas palestinas mortas por disparos do exército sionista desde o nicio do ano, incluídas 10 crianzas e duas persoas idosas.

TeleSur