Continúan as execucións en Exipto. Na pasada segunda-feira foron executadas 17 persoas sobre as que pesaban cargos vinculados ao Masacre de Kerdasa, o nome con que é coñecido o ataque a unha comisaria policial en que morreron 13 persoas en 2013.

 

Ejecutan en Egipto a seis personas condenadas por terrorismo

 

Alén do continuado aumento nas  execucións ordenadas polas autoridades exipcias, entidades como a Organización Árabe dos Dereitos Humanos denuncian que o estado non presentou probas que permitan vincular as persoas executadas coas que participaron naquel ataque, cuxa identidade ainda é descoñecida. Lembran tamén que moitos dos testemuños foron conseguidos mediante a tortura.

 

Grupos da oposición denunciaron as execucións e chamaron a populación exipcia a continuar a resistencia pacífica contra o presidente  Abdel Fattah al-Sisi, quen vem como líder dun réxime ditatorial

 

Un dos executados é o sheik Abdel Halim Gabreel, un profesor de Corán de 80 anos, con grave problemas de saúde desde hai tempo, o que fai que moitas persoas vexan imposíbel que tivese participado nun asalto como o de Kerdasa.

Grupos da oposición denunciaron as execucións e chamaron a populación exipcia a continuar a resistencia pacífica contra o presidente Abdel Fattah al-Sisi,, quen ven como líder dun réxime ditatorial e antigo dirixente do golpe de estado que en 2013 expulsou do poder Mohamed Morsi, o primeiro mandatario exipcio electo nas urnas. Entretanto, 14 organizacións locais e internacionais que se dedican á defensa dos dereitos humanos instaron os Estados Unidos a repensar o seu apoio económico ao réxime exipcio.

Joan Cabasés Vega

El Salto Diario