O Ministerio de Exteriores ten previsto elevar á reunión do Consello de Ministros da próxima terza feira unha proposta de condecoración a Iván Duque, presidente da Colombia, que visitará o Reino de España na próxima semana. A intención é concederlle a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, a segunda máxima distinción deste tipo e que ten por obxecto “premiar aqueles comportamentos extraordinarios de carácter civil , realizados por persoas españolas e estranxeiras, que redunden en beneficio da Nación ou que contribúan, de modo relevante, a favorecer as relacións de amizade e cooperación da Nación Española co resto da Comunidade Internacional”, segundo a propia web do ministerio. A condecoración chega no medio de denuncias por delitos de lesa humanidade polo tráxico balanzo de decenas de mortos e centos de feridos a mans do Exército durante as masivas manifestacións en contra da reforma tributaria proposta polo Goberno colombiano.

 

Iván Duque, presidente de Colombia.                                                Iván Duque/ E.P.

Segundo os datos ofrecidos por varias asociacións de Dereitos Humanos e ONG de Colombia, só na vaga de manifestacións de abril e maio foron producidos polo menos 37 asasinatos a mans do Exército e a Policía, aínda que tamén hai denuncias de centos de detencións arbitrarias, desaparicións, violencia física e sexual. Por este motivo, Iván Duque foi denunciado nos últimos meses perante o Tribunal Penal Internacional e a ONU por delitos de lesa humanidade cometidos durante esas manifestacións na Colombia. Despois das acusacións de asociacións en defensa dos dereitos humanos e ONG, a oposición colombiana formulou formalmente esas denuncias perante a Xustiza internacional facéndose eco de “graves violacións aos Dereitos Humanos como asasinatos, tentativa de asasinatos, tortura, violacións sexuais e retencións arbitrarias”.

(…)

jmonrosi@infolibre.es 

InfoLibre