Ao Reino de España falta “coñecemento técnico” sobre as ordes europeas de detención (OEDE) e outros métodos de cooperación xudicial entre estados. Así o sinala a organización Fair Trials no documento Alén da entrega, publicado hoxe. Segundo os expertos, “un dos problemas básicos é a falta de coñecemento técnico en relación co funcionamento dos instrumentos de recoñecemento mutuo a España”.

 

 

A investigación pon de relevo que os principais “problemas, probas e desafíos” teñen a ver coa “aplicación práctica” á hora de emitir unha euroorde. En “moitos casos”, indican, a orde aplícase de forma “desproporcionada” ante outras alternativas de cooperación xudicial e medidas de recoñecemento mutuo que son menos “onerosas” en termos dos dereitos da persoa requirida.

A investigación de Fair Trials sobre o uso e o impacto das euroordes na vida das persoas extraditadas e as súas familias tamén denuncia que a euroorde continúa sendo utilizada para “investigar persoas e xulgar delitos menores”. Concretamente o proxecto fíxase en catro estados: Romenia, Polonia, Lituania e España. No caso do Estado a investigación levouna a cabo Rights International Spain e baséase en casos ocorridos nos últimos anos.

Falta de coordinación

“Sen dúbida, un mellor coñecemento dos instrumentos permitiría un uso máis adecuado de medidas alternativas á prisión provisoria ou a solicitude de substitución do OEDE para as persoas privadas de liberdade, en casos de cumprimento de pena”, expoñen no relatorio sobre o Reino de España ás expertas de Rights International.

Por outra banda, critican que hai unha “falta de coordinación” entre os órgaos xudiciais e a Procuradoría e instan a unha mellor coordinación e coñecemento dos instrumentos da UE para evitar “situacións absurdas”. Neste sentido, recomendan á Procuradoría a promoción de “cursos de formación especializada” en instrumentos de recoñecemento mutuo á UE, con especial énfase nas euroordes e as directivas procesuais.

Entre as prácticas que se critican no documento para argumentar que o uso é “desproporcionado” en moitos casos, destacan que se continúa recorrendo á euroorde en fases iniciais da instrución ou como medida para garantir a tomada de declaración da persoa, “cando a lei non o permite”.

 

Us volem a casa foto Puigdemont ACN

 

 

Datos imprecisos

Tamén din que “non “consta” que os xulgados ou tribunais españois utilicen antes de emitir unha orde europea a posibilidade de obter declaración “através das canais de cooperación na UE previstos na lei”. Un feito que, defenden, que podería non só evitar a detención senón tamén a posterior entrega.

Outro problema que advirten no relatorio é que os datos disponibeis sobre euroordes españolas non son “completamente fiabeis e precisos” e que un factor que pode ter relación é a forma en que leva a cabo a recollida de datos en xulgados e tribunais. Lamentan que non exista un rexistro independente que permita coñecer o número de euroordes emitidas e o procedemento utilizado pola emisión e instan o Ministerio de Xustiza a crear un.

“A súa creación permitiría coñecer o número de euroordes emitidas e o procedemento ou se foron executadas, facendo posibel a súa localización”, din subliñando que iso melloraría a coordinación entre xulgados e tribunais.

Fonte: El Nacional