Unha familia de Palma de Mallorca denuncia perante Policía española as estrañas circunstancias en que apareceu morto Francisco Belmonte, de 52 anos de idade, interno no establecemento prisional desde había tres anos para cumprir unha condena de doce.
Alba González
Segundo indica a autopsia, a que a familia non puido acceder até pasado algún tempo, a morte foi accidental e por reacción a substancias estupefacientes. Mais os familiares defenden que non se describen as numerosas pancadas, feridas e contusións que eles constataron no cadáver cando conseguiron velo no tanatorio.
A familia reclama xustiza e asegura ter probas de que Francisco Belmonte non morreu accidentalmente. Tamén explican que estaba ameazado de morte desde había semanas no propio centro prisional de Palma de Mallorca.