A prisión fechada de alta seguranza tipo F de İmralı é un cárcere insular para unha única persoa, construído especificamente para Abdullah Öcalan en febreiro de 1999 ignorando por completo o dereito nacional e internacional. Posteriormente foron encerrados outras tres presos: Hamili Yildirim, Ömer Hayri Konar e Veysi Aktaş. A prisión funciona sobre a base dun status especial sob o chamado réxime de execución agravada. Os presos están recluídos en condicións de isolamento extraordinario durante moito tempo: até agora Abdullah Öcalan 24 anos e o resto dos prisioneiros 8 anos cada un.

 

 

 

 

 

As familias do líder do pobo kurdo e os outros prisioneiros solicitaron unha reunión á Oficina do Fiscal Xeral de Bursa e á Dirección de Prisións de Imrali.

Non hai noticias do líder do pobo kurdo Abdullah Öcalan, que padece un réxime de isolamento absoluto, desde hai case dous anos.

O irmán de Abdullah Öcalan, Mehmet Öcalan, e o seu tutor Mazlum Dinç, o irmán de Ömer Hayri Konar, Ali Konar, o irmán de Hamili Yıldırım, Polat Yıldırım, e a irmá de Veysi Aktaş, Melihe Çetin, dirixíronse á Oficina do Procurador Xeral de Bursa para solicitar poder reaizar unha visita aos seus familiares.

Tamén o solicitaron á Dirección da Institución Prisional Fechada de Alta Seguranza Imrali F Tipo através da Oficina do Procurador Xeral de Bursa.

Os avogados piden reunirse co líder do pobo kurdo Abdullah Öcalan dúas veces por semana. Contodo, as solicitudes fican sistematicamente sen resposta. Nalgúns casos estas chegan meses despois para dicir que se tomaron medidas disciplinares contra o líder do pobo kurdo e, portanto, non é posíbel conceder a visita.

O 12 de xaneiro sóubose que a Oficina do Xuíz de Execución de Bursa notificara aos avogados unha nova prohibición de visitas familiares de tres meses para Abdullah Öcalan e os seus compañeiros de prisión o 4 de xaneiro. A acción foi descrita como un “castigo disciplinar”, cuxos motivos e pormenores, porén, non son mencionados.

 

 

 

As preocupacións aumentaron despois da visita do CPT a Imrali

As preocupacións sobre a situación do líder do pobo kurdo aumentaron despois de o Comité para a Prevención da Tortura (CPT) do Consello de Europa ter visitado Turquía do 20 ao 29 de setembro. Nun comunicado do 3 de outubro, o CPT anunciou que a Prisión de Alta Seguranza Tipo F de Imralı foi unha das institucións que visitou.

Contodo, o bufete de avogados de Asrın informou que durante a súa visita o CPT non se reuniu con Abdullah Öcalan e que isto aumentou as súas preocupacións. E acrecentaron que o 29 de novembro: “Soubemos que o Sr. Öcalan non viu á delegación de CPT durante a súa visita á illa de Imrali en setembro de 2022”.

Relatorio de avaliación anual sobre violacións de dereitos e condicións no cárcere da Illa de Imrali

O Bufete de Avogados Asrin, que leva a defensa dos prisioneiros curdos no cárcere da Illa de Imrali publican anualmente un relatorio en que avalian a situación e denuncian a constante violación dos dereitos dos seus defendidos.

Ver aqui o relatorio.

ANFNews