Ilyasah Shabazz,  filla de Malcolm X, sinala que a decisión ten por obxectivo saber a verdade e facer xustiza ao pai.”Esperamos que o litixio deste caso finalmente proporcione algunhas respostas. Queremos que se faga xustiza para o noso pai”,

.

.

 

“Esperamos que el litigio de este caso finalmente proporcione algunas respuestas. Queremos que se haga justicia para nuestro padre”, dijo Ilyasah Shabazz.                   | Foto: Axencia Anadol

.

.

Unha filla do activista estadunidense polos dereitos civis Malcolm X anunciou na pasada terza-feira que presentará unha demanda contra o FBI, a CIA e a policia de Nova York por conspiraren para o asasinato do pai, feito acontecido hai 58 anos.

A decisión foi comunicada nunha conferencia de prensa polo avogado Ben Crumb, que dixo saberen que no 18 de novembro de 2021 foi confirmado e comprobado que a Axencia Central de Intelixencia (CIA), o Departamento de pOlicía de Nova York, o Buró Federal de Investigacións (FBI) e o procurador de Nova York teñen novas probas exculpatorias.

Estas probas terían sido ocultadas “de maneira fraudulenta aos homes que foron condenados inxustamente polo asasinato de Malcolm”, acrecentou Crumb.

“Coñecer a verdade sobre as circunstancias que levaron á morte o noso pai é importante non só para a familia senón tamén para moitos seguidores, moitos que procuraron nel orientación, amor”, argumentou Ilyasah Shabazz. “Esperamos que o litixio deste caso finalmente proporcione algunhas respostas. Queremos que se faga xustiza ao noso pai”.

A demanda, que se presenta cando se chega ao 58 aniversario do asasinato do activista de dereitos civis, será por 100 millóns de dólares.

O activista pronunciaba un discurso en Harlem cando foi asasinado no 21 de febreiro de 1965.

TeleSur