“O Adri xa está en casa”!. Así acaba de ser anunciado o final do exilio de Adrià Carrasco. Non ten orde de detención e o activista volta á súa terra despois de case 3 anos de exilio en Bruxelas.

 

Adrià Carrasco Tamara Carrasco ACN

O xulgado de Granollers en quen recaera o caso, arquivou a causa. Embora aínda poda ser recorrida, a instrución xudicial retirou o mandado de captura e, portanto, a policía xa non pode deter Adrià Carrasco se pon un pé en Catalunya.

O xuíz argumentou que arquiva o caso porque “non hai probas que acrediten o delito”.

El mesmo acaba de o anunciar en conferencia de prensa diante do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya onde denunciou que o dereito á autodeterminación “non é un delito, é un dereito”. Carrasco esixiu “amnistía total” e “garantir o libre retorno dos exiliados políticos e a autodeterminación dos pobos”. “Esiximos o arquivamento de todos os procesos xudicial abertos por causas políticas e sociais”, reclamou.

Durante a rolda de prensa, onde participou tamén o seu grupo de apoio, criticouse a política represora e toda a montaxe do caso, que lembramos, acusaba Adrià Carrasco dun delito de terrorismo e de estar na cabeza diante dos CDR, xunto con Tamàra Carrasco.

Adrià Carrasco fuxiu aquela mesma noite, do 10 de abril do 2018, en que a Garda Civil se presentou na súa casa no medio dunha operación anti-terrorista ordenada pola Audiencia Nacional. Adrià Carrasco, como Tamàra Carrasco, estaba acusado de terrorismo, sedición e desordes públicas.

“Non creo na xustiza”
“Non faledes de xustiza. Non creo na xustiza”, dixo Adrià Carrasco na mensaxe que quixo lanzar hoxe na comparecencia despois de o seu caso ter sido arquivado.

O caso pasou até por 10 instancias xudiciais até acabar en Granollers, nun xulgado de primeira instancia. A Audiencia Nacional acabou retirando a acusación de terrorismo e rebaixou os cargos a desordes públicas, 8 meses despois da operación policial, mais non retirou a orde de detención. Co arquivamento do caso, Adrià Carrasco, puido por fin voltar a casa.

Para xustificar a detención e a acusación, a policía presentou todo tipo de informes que hoxe o mesmo Carrasco, mediante unha carta que leu o seu grupo de apoio cualificou, de “unha chea de palla para tapar a incompetencia do estado”. Adrià Carrasco dixo que non cre na xustiza e que “de terrorismo si que hai. Quen te acusa é quen o imparte”.

“A estratexia do medo non funciona, ao contrario, facédesnos máis fortes”. Dixo Adrià Carrasco na carta que foi lida durante a conferencia de prensa. “As vítimas sodes vós que estades atrapados polo odio que vos xeran as vosas vítimas que pensan diferente”, dixo Carrasco na mensaxe que publicou hoxe. Unha mensaxe que tamén tivo unha lembranza para outras “vítimas de montaxes policiais” que están no exilio como o rapeiro Valtònyc e Anna Gabriel, ex deputada da CUP.