A Fiscalía Provincial de Madrid pediu ao xuíz que non admita a trámite tres querelas presentadas contra o ex inspector da Brigada Político Social Antonio González Pacheco, máis coñecido por Billy el Niño acusado de torturar un número moi elevado de persoas durante o franquismo. A procuradoría argumenta a súa petición asegurando que non houbo delito de lesa humanidade nas súas actuacións e que os delitos de tortura e detención ilegal están prescritos.

 

 

Varios persoas represaliadas no franquismo, entre elas o membro da Asociación La Comuna Luís Suárez-Carreño, presentaron querelas contra Billy el Niño e outros dous inspectores da Brigada por “torturas sistemáticas”.

O titular do Xulgado de Instrución número 33 de Madrid abriu entón dilixencias indeterminadas, solicitando ao representante do Ministerio Público que se pronunciase sobre a admisión a trámite ou non das querelas.

Segundo detallaron estas mesmas fontes, o fiscal reproduciu os mesmos argumentos que expuxo a Procurradoría da Audiencia Nacional hai tres anos para rexeitar a extradición de Billy el Niño á Arxentina, reclamado pola xuíza María Servini.

Igual que agora, naquela altura o Ministerio Público sinalou que os delitos de torturas e detención ilegal están prescritos e que, en todo caso, serían os tribunais españois os competentes para o procesaren. Sobra dicir que os “competentes” tribunais españois obviaron o caso ollando para outro lado.

A xustiza arxentina reclamaba á Audiencia Nacional o coñecido inspector franquista por 13 delitos de torturas. Mais a AN declinou a petición argumentando que os delitos sinalados non podían ser cualificados de lesa humanidade xa que non formaban parte dun “‘ataque sistemático e organizado’ e ‘ataque a un grupo de poboación'”.

Fonte: Insurgente