Os disparos do Exército de Israel na madrugada de onte nunha importante incursión dos militares en Nablus, na Cisxordania, acabaron coa vida de Ameer al-Bustami, nun ataque en que sete persoas ficaron feridas. O día antes, no campo de refuxiados de Xinín, outra invasión militar israelita matou unha crianza palestina de 14 anos.

 

Jenin no olvidará las masacres de Israel

 

 

Desde o comezo de 2023 as forzas sionistas asasinaron 48 persoas palestinas, entre elas 10 deles crianzas. En paralelo, foron reportados novos bombardeos contra a Faixa de Gaza.O presidente palestino, Ma-hmud Abbas, subliñou que a poboación está a enfrentar un “asalto letal” por parte de Israel e reclamou “protección” á comunidade internacional, así como presión para deter os crimes perpetrados por Israel.

Pola súa parte, distintas formacións palestinas reuníronse en Ramala, desde onde fixeron un chamamento a aumentar a resistencia popular contra as permanentes agresións israelias. Entretanto, Israel legalizou nove asentamentos de colonos en territorio palestino, considerados ilegais pola Organización das Nacións Unidas.

Nós Diario