A lei impede grabar os axentes da policía cando están de servizo. Este fin de semana producíronse grandes manifestacións en todo o estado francés.
.
.
A Asemblea francesa decidiu por maioría absoluta re-escribir o artigo 24 do proxecto de lei de seguranza global, que impede grabar os axentes da policía cando están de servizo. Este recuo prodúcese logo despois de un fin de semana de protestos por todo o estado francés, que nalgúns casos como o da capital, París, acabaron en grandes disturbios.
Así mesmo, o debate da nova lei foi marcado pola agresión racista e a detención sufridaa polo produtor musical Michel Zecler ás mans da policía. Grazas, precisamente, ás imaxes grabadas por unha cámara de seguranza, os catro policías implicados na agresión son investigados agora por violencia voluntaria e falso testemuño, entre outros cargos.
“Este novo rascuño será elaborado de maneira colectiva entre os tres grupos parlamentares da maioiría”, declarou o xefe de La République en Marche e ex-ministro do Interior, Christophe Castaner, nunha comparecencia acompañado de Patrick Mignola (Modem) e Oliver Becht (Agir).
“Non se trata dunha retirada nin dunha suspensión, senón dunha re-escrita total do texto”, acrecentou Castaner, que indicou que o primeiro ministro, Emmanuel Macron, e o resto de membros do goberno tamén participarán na nova redacción. “Daquela poderemos discutir o vehículo lexislativo e o calendario [para aprobar a lei]”, concluiu.