Segundo o máis recente relatorio anual da OIM un total de 32.425 persoas, entre eles uns 1.309 menores, foron rescatadas ou interceptadas en 2021, 655 persoas morreron e outras 897 desapareceron.

Según el más reciente informe anual de la OIM un total de 32.425 personas, entre ellos unos 1.309 menores, fueron rescatadas o interceptadas en 2021, 655 personas murieron y otras 897 desaparecieron.    Foto: Twitter @OpenArms

 

 

Un naufraxio frente ás costas da Libia provocou a morte de 50 migrantes no início da semana pasada, segundo confirmou esta segimda-feira a organización non gobernamental Alarm Phone, a liña telefónica de voluntarios que recolle as solicitudes de axuda dos migrantes.

O barco afundiuse perto de Sabrata e das 50 persoas a bordo, ningunha sobreviviu. Alarm Phone tamén confirmou que foron achados máis de dez corpos na costa libia e denunciou que “o réxime fronteirizo da Unión Europea mata os inmigrantes”.

Así mesmo Alarm Phone denunciou o caso dunha patera con 60 migrantes que partiu da Tunisia na pasada quinta-feira da que non se soubo máis: “Os familiares pregúntannos por un grupo de 60 persoas que aínda non chegaron. As autoridades dinnos que non teñen información sobre o acontecido” e, nese sentido, esixiron respostas.

As denuncias de Alarm Phone únense a recentes revelacións da Organización Internacional das Migracións (OIM), segundo a cal no período do 27 de febreiro ao 5 de marzo de 2022, 452 migrantes procedentes de Libia foron interceptados no mar e antes, no período do 20 ao 26 de febreiro, outros 128 migrantes foron devoltos a Libia en seis e tres operacións, respectivamente.

Segundo o máis recente relatorio anual da OIM un total de 32.425 persoas, entre eles uns 1.309 menores, foron rescatadas ou interceptadas en 2021, 655 persoas morreron e outras 897 desapareceron na ruta migratoria do Mediterráneo central, unha das máis letais do mundo.

 

Image

 

Así mesmo, a OIM denunciou que en tanto non se proporcionen os estándares básicos de seguranza, protección e dereitos humanos en Libia, non se pode considerar un porto de desembarco seguro. Mesmo aqueles que desembarcan de maneira segura a miúdo son obxecto de detención e prisión arbitrarias”, en relación con incidentes despois da deportación de migrantes interceptados no mar.

Após unha intensa campaña de bombardeo, cunha posterior invasión pola Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) e os Estados Unidos, en 2011, o Goberno libio foi derrocado e desatouse unha guerra civil que dura até o momento, o que agudizou a crise migratoria desde África a Europa.

TeleSur