Segundo información publicada no xornal La Voz de Galicia, funcionarios do cárcere de Zuera terían revelado datos confidenciais e protexidos relativos á situación, actividades e relacións persoais dunha presa e un preso galegos internos no cárcere de Zuera. Javier Romero, autor da noticia, non aforra referencias á súa fonte :”explican varios de los 550 trabajadores del penal aragonés”,  “relatan dentro del penal”, “añaden estas fuentes”, “lo explica un funcionario”, “los funcionarios más veteranos de Zuera atribuyen al …”, “quienes lo vigilan, concluyen que…”

 

CSIF denuncia una deficiente atención sanitaria en las cárceles de ...

 

Alén da precisión con que describen a vida en prisión destas dúas persoas, os funcionarios tamén parecen non ver problema ningún en referir a forma como se move o negocio da droga no interior do cárcere e revelar o papel que xogan nel os penados, a súa participación ou a súa  distancia deste comercio ilegal, etc.

Sorprende que cun coñecemento tan preciso das redes internas de distribución de droga, o sistema penitenciario español non sexa capaz de pór fin a un tráfico que está na orixe de moitas das numerosas mortes que se producen nos cárceres españois.

Ver noticia en La Voz de Galicia