A Xunta da Galiza destinou máis de 2,5 millóns, nos tres últimos exercicios contábeis, a sufragar os gastos da contratación de capeláns de hospital na sanidade galega. Unha partida que medra cada ano, até chegar nos orzamentos de 2022 a 738.534 euros.

 

Sanidade gasta en capeláns para os hospitais 738.500 euros                                       Candeas nunha igrexa (Imaxe: Nós Diario)

 

F. Carou

Non son persoal laboral

No pasado 26 de maio, o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza ditaba unha sentenza en que os maxistrados advertían que a “actividade pastoral” que realizan os sacerdotes é “allea totalmente ao Sergas”. 

Na resolución, o alto tribunal galego pon de manifesto que a actividade dos relixiosos nos hospitais “nin coincide coa propia do Sergas -a aconfesionalidade do Estado así o impide- nin o Sergas pode impartir ordes e directrices na súa execución, algo que só cumpre o bispo, que é, tamén, o que designa e cesa os capeláns”.

Desta maneira, o TSXG non considera os relixiosos persoal laboral do Sergas. O alto tribunal galego pronúnciase na sentenza da mesma maneira que o maxistrado do Xulgado do Social número 1 de Ourense, que rexeitara que a relación que manteñen catro capeláns que prestan os seus servizos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) fose de natureza laboral, tal e como demandaban os sacerdotes.

Nós Diario