Para falar da resistencia do pobo palestino, permanentemente agredido e asediado pola ocupación sionista, visita Galiza Fayez Badawi, porta-voz para Europa da Frente Popular para a Liberación da Palestina. Participará nun ciclo de conferencias, organizado polo colectivo internacionalista Mar de Lumes. As palestras terán lugar entre os dias 8 e 15 de xuño en diferentes localidades galegas: Cangas, Vigo Ferrol, A Estrada, Lalín, Compostela e Monforte.