A laicidade, ao asumir a incompetencia do Estado en materia de crenzas e conviccións e substraelo á influencia das comunidades confesionais, constitúe a norma de dereito público que garante o libre exercicio de calquer opción filosófica, relixiosa ou ideolóxica no ámbito privado e a igualdade entre todas as persoas no espazo público, común e neutro.

Segundo a súa propia constitución, o Reino de España é un estado aconfesional, non un estado laico, o que limita a independencia dos poderes civis. Mais, apesar das súas limitacións, a aconfesionalidade obriga os poderes públicos a respectaren o principio de neutralidade en materia relixiosa e veda calquera tipo de confusión entre funcións relixiosas e institucionais, así como calquera tipo de discriminación en favor dunha determinada fé. Os cargos públicos non poden concorrer na súa condicións de representantes institucionais a actos relixiosos, nin poden beneficiar con diñeiro público ou outros prebendas unha igrexa da súa elección.

Neste seu novo vídeo, EsCULcA mostra en pouco máis dun minuto o ilegal, e non poucas veces ridículo, comportamento dos poderes políticos que gobernan Galiza.

Vídeo.