A asociación Devenir Europeo, que figura no rexistro legal do Ministerio do Interior, gábase de pór na rúa “a única revista que se edita en todo o Estado español declarada abertamente nacional-socialista”. Nas súas páxinas hai exaltación hitleriana e campañas a favor dos presos negacionistas do holocausto. Os neonazis de Bastión Norte tamén contan cunha publicación dixital que fai apoloxía da violencia ultradereitista.

 

Devenir Europeo         Exemplares do último número da revista Devenir Europeo nunha imaxe divulgada pola organización nazi en Twitter.

 

DANILO ALBIN

As revistas españolas que renden honra ao réxime nazi e menosprezan o sufrimento dos seus millóns de vítimas están a salvo de calquera encerramento xudicial, algo que non acontece coas publicacións de apoio aos presos de ETA. Esta cuarta-feira, cando en Donostia se daba a coñecer o encerramento xudicial das páxinas de Kalera (Á rúa) que edita Sortu por orde da Audiencia Nacional -en base a informes da Garda Civil-, na web de Devenir Europeo, unha asociación con rexistro legal en Interior, era posíbel adquirir diferentes publicacións de apoloxía hitleriana sen o máis mínimo inconveniente.

“A prensa do sistema colapsa os medios de expresión. Diariamente saen numerosos xornais e revistas que teñen como obxectivo destruír e unificar as mentes librepensantes nunha ideoloxía única. Nós presentamos a alternativa coa única revista que se edita en todo o Estado español declarada abertamente nacional-socialista”, explica Devenir Europeo na presentación da revista que leva o seu mesmo nome e que xa suma 38 números. O próximo está en elaboración.

As súas páxinas están repletas de apoloxía nazi. “A comunidade na loita actual”; “A represión democrática en España”; “Ante a descomposición do mundo capitalista, con entusiasmo, é hora de reivindicar o nacional-socialismo”; “Hitler, vexetariano por amor aos animais”; ou “A todos os camaradas presos” son algúns dos títulos dos artigos publicados ao longo da súa andaina.

“En todos os números tratamos de manter unha presentación correcta, linguaxe sinxela, así como unha calidade nos artigos, nos cales se exporán as nosas ideas, actividades e outras informacións de interese”, explica a asociación. Na súa última publicación, por exemplo, analisan as “revoltas anti-brancas nos EUA” sob o título de capa “O novo mundo en chamas. O fantasma da guerra racial”. A tiraxe inicial foi de 300 exemplares.

“Non se aplica o mesmo criterio”
O avogado Daniel Amelang, integrante de Rede Xurídica, destaca a Público que “a razón pola que son investigadis uns feitos determinados e outros non é debido a que existen unidades antiterroristas que se dedican exclusivamente a investigar ETA e o seu contorno, mais non existen unidades policiais que investiguen en exclusiva organizacións nazis, aínda que hai determinadas brigadas que monitorizan os seus elementos máis radicais”.

En tal sentido, Amelang resalta que “se só a unidade que se dedica a ETA se dedica a investigar delitos de expresión e outras unidades non o fan, na práctica non se aplica o mesmo criterio para casos similares”.

Do mesmo xeito, o letrado pon o foco sobre outro punto chave: a ausencia dunha lexislación que equipare a exaltación do nazismo á do terrorismo. “Debe terse en conta que no Código Penal existe o delito de enaltecemento do terrorismo, mais non o de enaltecemento do nazismo ou do fascismo”. Noutras palabras, “enaltecer o réxime nazi non é delito”, aínda que si o é “negar o holocausto”.

 

Euskal Herria: A xustiza española fecha revista e web independentistas vascas

Audiencia Nacional Cierre Revista Vasca Kalera Sortu   Captura Youtube Sortu

 

“Amamos as razas”
Devenir Europeo destaca na súa páxina web que se declara abertamente como nacional-socialista”, á vez que subliña que “non ten pretensións de converterse en ningún partido político”, aínda que non descarta facelo nun futuro. Segundo se reflecte nas páxinas da súa revista, esta asociación mantivo contactos con partidos nazis como Amañecer Dourado (Grecia) ou A Terceira Vía (Alemaña).

A asociación inclúe na súa web unha declaración que busca salvala de calquera proceso de ilegalización. Nesa liña, declara que condena “toda apoloxía de calquera xenocidio cometido na historia e expresa a súa dor por calquera vítima inocente; do mesmo xeito que condena todo tipo de xenofobia e odio a calquera raza, pois amamos as razas como parte da natureza e desexamos a súa diferenza e a súa existencia”.

Do mesmo xeito, busca camuflar o negacionismo do holocausto sob un suposto apoio á “libre investigación dos temas históricos para saber o que aconteceu realmente en cada lugar e momento, sen que iso implique desprezar ou insultar as vítimas inocentes de calquera conflito”.

Devenir Europeo sostén así mesmo que busca “establecer un estudo de temas europeos e relativos ao socialismo nacional, mais non pretende ser unha restitución de ningún réxime do pasado”. Tales declaracións contrastan con mensaxes de reivindicación da figura de Hitler como “exemplo” para a “loita” actual que propugnan.

Violencia e fascismo
Os neonazis de Bastión Frontal tamén contan cunha publicación dixital que até agora foi ignorada polos tribunais. “Non viñemos pór paz, senón espada”, reza unha das frases inseridas no último número de “A conquista do Estado”, un “semanario de loita e organización política” que leva xa 81 números.

O exemplar anterior incluía un artigo intitulado “Defenderse non é delito”, en que se mostraba o apoio irrestrito da publicación a un home de Cidade Real que está no cárcere por matar “un ladrón que entrou na súa casa no medio da noite”. A noticia ía acompañada pola imaxe dunha arma.

“A violencia sempre foi a ferramenta de loita da que se serviron as sociedades para provocaren mudanzas en contra do poder”, di outro artigo de “A conquista do Estado”, en que se lamenta que “o poder globalizador conseguiu mudar o valor do sangue polo valor do progreso”. Algúns números antes declararan a súa adhesión ao fascismo e a súa devoción por Benito Mussolini.

Nese contexto, Amelang destaca que “á marxe do delito de enaltecemento do terrorismo, ao divulgar algúns dos trazos do fascismo -racismo, machismo, LGTBIfobia, etcétera- e animar a levar a cabo condutas discriminatorias, pode incorrerse nun delito de incitación ao odio, e nese caso podería ser ordenado o encerramento dunha publicación delituosa.

Público