O desenfreado celo con que nalgúns campos de fútbol son controlados emblemas, faixas, bandeiras e obxectos reivindicativos, sob a escusa de poderen incitar á violencia, leva a situacións grotescas. No pasado sábado en Alcorcón un garda de seguranza impediu a entrada a un seguidor deportivista que levaba unha bufanda coa lenda ‘Voltaremos’ até comprobar que o seu significado non era subversivo.
Para iso recorreu a preguntar por radio á policía nacional, un de cuxos axentes contestou: ‘Mais en verdade estás preguntándome iso?’ (O certo é que despois de ver o que levamos visto, é difícil entender de que se sorprende).