A curtametraxe debuxa a crúa cotidianeidade en terra palestina após a ocupación israeita e despois do último grande ataque que sofreu no verao de 2014, silenciado pola mídia.

 

Fotograma del corto documental nominado a los Goya 'Gaza. Una mirada a los ojos de la barbarie' en el que varios niños juegan en una vivienda en ruinas. /El Retorno Producciones

 

A curta Gaza. Una mirada a los ojos de la barbarie achéganos a constante vulneración de dereitos humanos que sofre a populación palestina na Faixa de Gaza, alén da situación de bloqueo e pós-guerra en que millares de persoas tentan sobrevivir no dia a dia.

Através de diversas personaxes, erixidas como protagonistas da fita, podemos entrever a necesidade de que tanto a complicidade da comunidade internacional canto a impunidade de Israel deben mudar radicalmente para pór fin á situación de ocupación e represión.
Os directores da curtametraxe, preseleccionada na categoria de mellor curta documentaria nos próximos Premios Goya, son Carlos Bover e Julio Pérez, dous especialistas en comunicación de novos formatos. Foron eles quen decidiu documentar, com esta peza, o devir da Faixa de Gaza a partir do bombarceo israelita do verao de 2014, cando a maioría dos mídia deixaron de informar do conflito coa frecuencia que antes o facían.

A necesidade de contar as consecuencias que sofreu o pobo palestino da invasión israelita centrábanse na desnutrición, a falta de fornecementos, medicinas e bens de primeira necesidade. Os directores acordaron que serían as vítimas quen contaría, en primeira persoa, todo o que acontecía na súa parciular cotidianeidade.

Viaxaron ao Cairo para entrar na Faixa de Gaza pola única fronteira que o territorio ten con Israel, a fronteira de Rafah. Despois de conseguiren chegar a Cisxordania puideron observar durante varias semanas o trato deshumano que se dá a populación palestina neste territorio.

Desta feita, o documentario, que comezou como unha mera denuncia da situación do pobo palestino, logo se convereu nun retrato íntimo do horror, cru e sen censuras, as consecuencias da barbarie sobre a populación civil.

“O documentario non conseguiu financiamento, foi censurado en festivais, tentaron boicotar proxeccións e recibiu acusación de todo tipo”, afirman os produtores do filme.