Non se permitiría simboloxía independentista no estadio onde xogarán estas dúas equipas catalás. La Liga quer evitar que o partido permita visualizar o sentimento independentista en Catalunya.

Estelada no Camp Nou. Imaxe: Nació Digital                                       Esteladas no Camp Nou. Imaxe: Nació Digital

 

Nos últimos días soou cada vez con máis forza que o Girona-Barça vai ser o partido escollido para o desembarco de ‘La Liga’ en Estados Unidos. O 27 de xaneiro sería a data e Miami a localización, se ben aínda non hai nada definitivo. En todo caso, La Liga xa estaría a tomar medidas para evitar que o partido sexa un clamor independentisa.  Así, e segundo informou o programa ‘El partidazo’ da cadea Cope,estaría prohibida a simboloxía independentista no estadio mentres dure o partidoentre estas dúas equipas catalás. Nesta liña, os axentes de seguridade estadounidenses serán advertidos para que non deixen entrar ‘estalades’ nin ningún símbolo a favor da soberanía de Catalunya no estadio.

Aliás, soarían os himnos de Estados Unidos e de España antes de iniciar o encontro. Tamén existe a intención, segundo estes medios, de que La Liga reparta entre o público asistente 40.000 bandeiras españolas. Todo, coa fin de evitar que o partido entre o Barcelona e o Girona sexa unha plataforma para o independentismo en pleno Estados Unidos e ante os ollos de millóns de espectadores en todo o mundo.

O presidente de La LigaJavier Tebas, é un recoñecido españolista e dereitista. Ten participado en manifestacións a favor da unidade de España en Catalunya e en 2016 declarou: “Na maioría dos temas, sigo pensando igual que cando era de Fuerza Nueva”. Fuerza Nueva foi un partido español de extrema dereita, franquista,españolista e integrista católico, fundado en 1976 por Blas Piñar.

Porén, non hai nada fechado a respecto do partido a xogar: segundo ‘El Larguero’, cadea Ser, Luis Rubiales e a Federación española de fútbol queren frear que se xoguen partidos da Liga fóra do estado español.

Sermos Galiza