O Departamento de Estado estadunidense aprobou a venda de 100 miseis de medio alcance ao Reino de España, valorados en 284,5 millóns de dólares, afirma a Axencia de Cooperación en Seguranza de Defensa dos EUA. A Axencia acrecenta que nos novos miseis aumentarán o potencial de defensa do estado español e os EUA através da Organización do Atlántico Norte (NATO).
.

 

O contrato estará a cargo da compañía Raytheon Missiles and Defense, con base en Tucson (Arizona oeste).

 

 

«O Departamento de Estado adoptou unha resolución en que aproba unha posíbel venda militar directa ao Goberno de España de cen miseis ar-ar de medio alcance (AIM-120C-7/8), unha sección de orientación de reposición (AMRAAM) e equipamento relacionado por un custo estimado de 248,5 millóns de dólares»

Insurgente