A Garda Civil desenvolveu o pasado 5 de xuño en Altsasu un operativo de 88 axentes do Servizo de Información, Grupo de Acción Rápida (GAR) e Unidade de Seguranza Cidadá de Comandancia (USECIC) para deter os mozos Jon Ander Cob, Aratz Urrizola, Iñaki Abad e Julen Goikoetxea, condenados pola Audiencia Nacional pola disputa con dous gardas da Benemérita e as súas respectivas parellas nun bar da localidade.
Así consta na resposta do Goberno español ao senador de EH Bildu Jon Iñarritu, quen preguntou ao Executivo polo dispositivo para arrestar os catro novos, o cronograma dos feitos, cantas persoas resultaron multadas ese día e cantas denuncias interpuxo o Instituto Armado.
Na contestación do Goberno español a Iñarritu indícase que os 88 axentes que participaron no operativo desenvolvido en Altsasu para levar a cabo o arresto do catro xovens condenados para o seu ingreso en prisión foron transportados nun total de 27 vehículos, e nega que ese día a Garda Civil multase ninguén e formulase denuncia administrativa algunha. N.G.