O Ministerio de Xustiza español bloquea que a xuíza arxentina que instrúe a causa contra os crimes do franquismo tome declaración ao ex-ministro do Interior Rodolfo martín villa desde a embaixada arxentina en Madrid.

 

Rodolfo Martín Villa saludo franquista                Martín Villa comezou a carreira política no SEU e foi unha das figuras sobranceiras do Movemento Nacional.

 

O Goberno de coalición negouse a que a xuíza María Servini tome declaración indagatoria a Rodolfo Martín Vila, ministro de Interior no primeiro goberno posterior á morte do ditador Francisco Franco, no cadro da querela arxentina contra os crimes do franquismo.

A declaración, programada para o 20 de marzo na embaixada arxentina en Madrid, foi novamente adiada despois de o Ministerio de Xustiza -desde o 13 de xaneiro en mans de Juan Carlos Campo-, rexeitar a solicitude formal para a toma de declaración, argumentando que esta debía ser realizada mediante exhorto internacional.

Martín Vila é unha das 22 persoas imputadas na querela arxentina contra os crimes do franquismo. No seu caso, a querela investiga o papel que desempeñou, como ministro de Interior, no masacre de Vitoria, en a policía matou cinco persoas durante unha xornada de greve.

Desde que en 2010 comezou a instrución da causa, o Goberno -PP, PSOE e agora PSOE-Podemos- sempre obstaculizou a investigación. Á primeira comunicación da maxistrada ao Goberno de José Luís Rodríguez Zapatero en outubro de 2010 preguntando se estaban sendo investigados no Reino de España os crimes do franquismo, a Fiscalía Xeral do Estado, con Cándido Conde-Pumpido -actualmente maxistrado do Tribunal Constitucional- á cabeza, respondeu oito meses despois cun documento sen asinatura en que aseguraba que se tramitaran varios casos. Tres anos antes, a Audiencia Nacional acordara a incompetencia de Baltasar Garzón para instruír a causa que o maxistrado abrira en 2006 por crimes do franquismo.

En outubro de 2014, Servini emitía unha orde de detención contra 20 persoas imputadas na causa, entre eles José Utrera Molina -falecido en 2017, ex sogro de Alberto Ruiz Gallardón- ou o ex-policía Benjamín Solsona. A solicitude de extradición foi rexeitada por un acordo do Consello de Ministros do 13 de marzo de 2015, co PP no goberno.

Un ano despois, Servini volvía tentar tomar declaración a Martín Vila, así como a Billy el Niño e ao ex-ministro Utrera Molina. Para demorar a declaración do xuíz, o Ministerio de Xustiza reclamoulle a listaxe de preguntas que ía facer aos imputados e poucos meses despois a Fiscalía Xeral do Estado, agora con Consuelo Madrigal, ordenaba ás fiscalías provinciais suspenderen as declaracións das acusacións que se programaron en varios xulgados ao redor da querela arxentina contra os crimes do franquismo, unha circular que a día de hoxe non foi anulada.

En outubro de 2018, o xuíz da Audiencia Nacional José da Mata rexeitaba unha nova petición para tomar declaración a Martín Vila, estaba vez en España, aducindo que os delitos que podería ter cometido estarían prescritos. Foi o propio Martín Vila o que, ante isto, pediu declarar ante a xuíza en Madrid ou en Buenos Aires. A xuíza programou a declaración na capital arxentina para o 9 de setembro de 2019, adiándoa despois a decembro e novamente a marzo, por vídeo-conferencia, desde a embaixada arxentina en Madrid.

“É unha inxerencia inaceptábel do Goberno español”, afirman representantes da Coordenadora estatal de apoio á Querela Arxentina contra crimes do franquismo (Ceaqua).

El Salto Diario