OBSERVATORIO PARA A DEFENSA DOS DIREITOS E LIBERDADES


Esculca
  • Quen somos
  • Arquivos
    • En destaque
    • Opinión
    • Entrevistas
    • Guías
    • Resumos trimestrais de noticias (Galiza)
    • Libros
    • Filmes e documentarios
    • Dereito Internacional
    • lente (análises)
  • Relatorios
  • Vídeos
  • Contacto
Select Page

CANDO ESTABA SENDO TORTURADO

Gravacións a altos mandos da Garda Civil demostran que Zabala morreu en Intxaurrondo

22/02/2021

O 26 de novembro de 1985 a Garda Civil detivo Mikel Zabalza, levouno a Intxaurrondo e alí desapareceu. O 15 de decembro atopouse o corpo no río Bidasoa. O xornal Público ofrece en exclusiva o audio, nunca escoitado publicamente, dunha conversa entre o excoronel do CESID Luís Alberto Perote e o capitán da Garda Civil Pedro Gómez Nieto en que se admite que Zabalza morreu ao ser torturado. O documento xurdiu na investigación levada a cabo por Miguel Ángel Llamas e Amaia Merino para o documentario ‘Non dago Mikel?’, que chega na sexta feira aos cinemas.

 

Juan Alberto Perote y Pedro Gómez Nieto             Un instante da conversación que mantén o coronel Juan Alberto Perote co tenente Pedro Gómez Neto.

O 26 de novembro de 1985, de madrugada, a Garda Civil detivo ao mozo navarro Mikel Zabalza, condutor de autobuses en Donosti. Na operación detiveron tamén a súa parella, Idoia Aierbe, e o seu primo, Manuel Vizcay. En Orbaitzeta colleron os seus irmáns Patxi e Aitor, e en Errenteria detiveron Ion Arretxe. Catro deles -Mikel Zabalza, Vizcay, Idoia Aierbe e Arretxe- foron conducidos a Intxaurrondo e incomunicados sob a Lei Antiterrorista. Non tardaron moito en saír en liberdade, todos excepto Mikel, do que non se soubo máis nada.

O seguintes vinte días foi crecendo a tensión no País Vasco e o interese informativo. A familia buscou desesperadamente o mozo e acudiu ao cuartel de Intxaurrondo da Garda Civil, onde os outros detidos aseguraban o ter ou escoitado. A Garda Civil declarou que o home escapara durante un suposto recoñecemento dun zulo en Endarlatsa. Hoxe, 35 anos despois do asasinato, é posíbel escoitar publicamente por primeira vez a conversa que mantiveron o que na altura era coronel do CESID Luís Alberto Perote e o capitán da Garda Civil Pedro Gómez Nieto, destacado en Intxaurrondo ás ordes de Galindo, en que admiten que Mikel Zabalza morreu cando era torturado naquel cuartel.

O documento sonoro, achado no rexistro da cela do ex coronel do CESID Luís Alberto Perote, forma parte da investigación que os directores Miguel Ángel Llamas e Amaia Merino realizaron para o seu documentario Non dago Mikel? (Onde está Mikel?), que chega na vindeira sexta feira aos cinemas. Na súa conversa, Perote e Gómez Nieto facían referencia á existencia dun informe do servizo de espionaxe que notificaba os feitos.

Proximamente, este arquivo de audio será incluído como parte do novo episodio da webserie Galdutako Objektuak, que se publica en Ahotsa.info e que está elaborada co material extra do documentario. O director Miguel Ángel Llamas, cando comezaba a traballar no filme en 2011, foi detido durante unha operación da Policía Nacional para desarticular a web Apurtu.org. Pasou ano e medio en prisión, saíu en liberdade baixo fianza.

Os xornalistas de El Mundo Antonio Rubio e Manuel Cerdán publicaron a transcrición desta gravación e achegárona como proba nos xulgados, no sumario que investigaba o Caso Zabalza. Contodo, o tribunal estableceu que a gravación “non presenta unha mínima calidade convictiva”, xa que o capitán Gómez Nieto negou que existise tal conversa e o ministro de Defensa Eduardo Serra, mediante escrito de 11 de xullo de 1996, indicou que “non existe no centro documento algún que conteña información que poida contribuír ao esclarecemento das circunstancias en que se produciu a morte de Mikel Zabalza”.

‘Non dago Mikel?’ O filme

 

 

Non dago Mikel? -que estivo presente en Zinemira do Festival de San Sebastián- relata o ocorrido nese vinte días, desde a detención de Mikel Zabalza, e repasa o sinistro ronsel de torturas acontecidas naqueles anos no País Vasco. Testemuños e imaxes da época e unha entrevista co escritor Ion Arretxe, un dos detidos naquela madrugada, para a Asociación Mintza Komunikazio Elkartea, completan o filme, en que se puxo o acento tónico en como se viviu a desaparición de Mikel Zabalza, cal foi a reacción dos cidadáns do País Vasco e, moi especialmente, na impunidade aínda hoxe dos responsabeis.

“Primeiro vas falar e logo matámoste, aquí non se ouven nin os berros nin os tiros”, dixeron os gardas civís a Ion Arretxe, que tiña 21 anos cando o detiveron, e que detalla ante a pantalla as torturas a que foi sometido. “Intxaurrondo é o inferno. O efecto do sinistro”, di nestas imaxes, onde conclúe o seu testemuño recoñecendo que “hai un momento na detención e posterior que te acompaña na vida, a idea de que non foche valente, que foche un merda. O feito de non ser militante dáche complexo de culpa tamén cara ao teu pobo e a túa propia condición ideolóxica”.

“O filme fíxose por pedido das xentes do val da familia de Zabalza, que se dan conta de que as novas xeracións non teñen moi claro un feito como o de Mikel Zabalza, que convulsionó todo Euskal Herria”, explica Llamas, que admite que “contar todo era imposíbel, porque non é un caso isolado, é parte dun contexto. Como explicas que en democracia houbo unha persoa detida e desaparecida e que o feito ficou impune? É impensábel”.

 

Cartel 'Non dado Mikel?'                          Cartaz ‘Non dado Mikel?’

“Estas son as cloacas máis podres do Estado”, sentencia Llamas, que lembra como un dos policías que falou no caso Lasa e Zabala “foi brutalmente agredido e outras persoas chave han ir morrendo en circunstancias raras”. O seu documentario, agora, procura conectar especialmente cos que non viviron aqueles anos, e tamén, por suposto, conseguir certo recoñecemento do ocorrido “para que non se repita. Hai un estudo científico das torturas, algúns as sufrimos, queremos que se poñan os datos sobre a mesa”.

“O caso Mikel Zabalza -engade Llamas- foi unha catarse colectiva. Mudou algunhas cousas, mais non alterou o xogo político. Cando ocorreu o de Miguel Ángel Blanco, os de Herri Batasuna seguiron en HB”. Naqueles días o País Vasco vivía “indignación e tristeza -di a directora Amaia Merino-. A xente non tivo medo a enfrontarse á Policía e todos seguimos día a día os acontecementos. Hoxe, a versión oficial continúa a ser a de que somos uns mentireiros”.

Irmán Mikel Zabalza

 

Hermano Mikel Zabalza           Un dos irmáns de Mikel Zabalza, no acto na súa memoria.

 

Non dago Mikel? termina subliñando varias realidades. Unha, ninguén foi responsabilizado pola tortura e asasinato de Mikel Zabalza e hoxe, 35 anos despois, a familia continúa reclamando xustiza. Un relatorio do Goberno Vasco realizado pola equipa do médico forense Paco Etxeberría cifrou en 4.113 os casos de tortura en Araba, Gipuzkoa e Bizkaia en 1960 e 2014. En Nafarroa aínda non se realizou un estudo similar, mais crese que podería haber polo menos outros 1.000 casos de tortura.

“Desde 2011 non se reportou ningún caso de torturas por motivos políticos. Entón cinco detidos denunciaron e finalmente tres deles gañaron as súas demandas en Estrasburgo. Mais aínda continúa vixente a Lei Antiterrorista e a incomunicación, que é un espazo de opacidade total en que os detidos fican en mans da policía. E as técnicas de tortura de hoxe non deixan pegada. A tortura en España non se investiga”, resolve Llamas.

 

Miguel Ángel Lallana 'Pitu' y Amaia Merino               Miguel Ángel Llamas ‘Pitu’ (director) e Amaia Merino (directora)

 

Begoña Piña@begonapina

 

Público


← Aitor Cuervo Taboada:
“A persecución política non é sintoma de anormalidade democrática, senón dunha democracia inexistente que non rompeu co réxime franquista”

Novo vídeo da policía de Nova York maltratando un home no metro da cidade →

  

NEWSLETTER

Boletín electrónico

Para recebir o Newsletter de EsCULcA, subscríbase aqui

 

 

BIBLIOTECA

  • Assange: L’Antisouverain-
    Juan Branco
  • Estado Policial – Como Sobreviver
    de Cid Benjamin

VIDEOTECA

  • Bhopal 84
    O maior crime industrial da história
  • Armas e almas
    Ataques neopentecostais às religiões de matriz africana, uma das sementes do fascismo em voga
  • Facebook
  • Twitter
EsCULcA - Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades.
Páxina elaborada por Global Soluciona con WordPress. WordPress é Software Libre baixo licencia GNU.