Rokavieja

 

Corear a consigna da banda vizcaína Eskorbuto “Mucha policía, poca diversión” custou ao cantor do grupo yeclano Rokavieja, Liborio Ruiz, unha multa do concello da localidade de 375 euros, sanción que agora é ratificada polo xuiz do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Murcia. O grupo alega que corearon a frase cando observaron a desproporcionada forza coa que os axentes reduzian un mozo que asistía ao concerto e non debía ter máis de 18 anos.

Segundo informa o xornal La Verdad, a sentenza sinala que esas palabras foron pronunciadas durante un concerto no concello en setembro de 2016, “como resposta directa á intervención dos axentes diante dunha infracción da Lei de Seguranza Cidadá”.  Os axentes foran requeridos polo persoal de seguranza privada contratado polo Concello, xa que, segundo se indica na resolución, “estaban sendo utilizados por algún asistente artificios pirotécnicos (bengalas), de xeito neglixente e con maifesto risco para a integridade física do público asistente”. Así mesmo, Liborio Ruiz, tería berrada a frase “a ver se podedes con el”, encanto unha das persoas do público estaba sendo inmobilizada por axentes da Policía Local, segundo indicou o propio sancionado.

O xuiz considera que estas expresións, “vertidas na pausa entre cancións, e que portanto non formaba parte da letra de ningunha delas”, eran “nada colaboradoras con e poderían ter desencadeado reacción no público” ao “o excitaren”, segundo informa La Verdad.

Tamén considera a sanción “proporcionada, pois esta cantidade entra na potestade discrecional da Administración, mais sempre á vista de agravantes”.

A versión do grupo

No entanto, o vocalista e a banda aseguran nunha nota de prensa que “os feitos non se produciron tal e como son relatados na sanción”, e aseguran “que o propósito daquelas frases foi denunciar un feito completamente desnecesario durante o decurso do concerto, e non alterar a orde pública ou alentar as masas a atacaren a policía”, concretizando que “foron pronunciadas sen premeditacion”.

Tamén aseguran que as expresións foron vertidas cando “varios axentes da Policía Local de Yecla irromperon no público para deter un dos asistentes por motivos que naquel preciso momento a banda descoñecía por completo”, e “após observaren a desproporcionada forza coa que os axentes realizaban o seu traballo (foron 4 dos axentes que interviron realizando unha actuación non conforme, cremos, co que acontecía)”. Acrescentan que imaxinaban que “a idade da persoa que era inmobilizadas apenas podería ultrapasar os 18 anos”.

Fonte: La Crónica