O prisioneiro palestino Hisham Abu Hawash puxo fin na pasada terza-feira á greve de fame que mantiña desde hai 141 días contra a súa detención administrativa, sen cargos nin xulgamento, após Israel ter aceptado a súa liberación.

 

La liberación de Abu Hawash es una nueva victoria para las facciones palestinas | Al Mayadeen Español

 

 

«Hawash gaña despois de 141 días en greve de fame», expresou o primeiro ministro palestino, Mohamed Sthayeh, logo de Israel ter decidido pór a liberdade no próximo mes de febreiro o prisioineiro palestino Hisham Abu Hawash, de 40 anos, que abandonou a greve de fame que mantiña desde hai case cinco meses en contra da súa detención administrativa.

Hawash estaba hospitalizado en estado crítico extremo e, segundo medios locais, Exipto tería intercedido para atenuar a tensión ante as crecentes manifestacións na Cisxordania ocupada que pedían a súa liberación inmediata.

Os médicos que o atenden avisaron na pasada segunda-feira que o seu estado de saúde era grave e a ONG israelita Médicos polos Dereitos Humanos indicou un día antes que o preso palestino corría «perigo de morte inminente» polos baixos niveis de potasio en sangue e a posibilidade dunha arritmia cardíaca.

A greve de fame de Hawash, membro da Yihad Islámica, que ameazou cunha «explosión» de violencia se non era liberado inmediatamente, motivou protestos contra este tipo de detencións sen cargos e sen que mediar xulgamento, unha norma  pola que 500 palestinos están actualmente encarcerados.

No ano pasado, máis de 60 presos en detención administrativa declaráronse en greve de fame e nos mediados de novembro dous prisioneiros que levaban sen inxerir alimentos máis de 115 días cesaron o protesto despois de Israel se comprometer a liberalos.

Hawash foi preso o 27 de outubro de 2020 e a súa detención administrativa foi prolongada en tres ocasións. Segundo a decisión xudicial de hoxe, será liberado o próximo 26 de febreiro.

 

Abu Hawash liberado -.

 

Celebrado como «vitoria»

Decenas de palestinos concentráronse frente á casa familiar de Hawash, na localidade cisxordana de Hebrón, para celebraren o que recibiron como unha «vitoria».

A política israelita aplica aos palestinos este tipo de detención, sen presentación de cargos nin xulgamento, cuxa extensión é practicamente indefinida xa que é susceptíbel de ser prolongada por períodos renovabeis que oscilan entre os tres e os seis meses, sobre a base de «probas secretas» que nin o avogado nin o detido poden revisar.

O Comité Internacional da Cruz Vermella, após visitar o sábado Hawash no hospital, pediu unha solución para «evitar consecuencias irreversibeis».

«Todos os detidos deben ser tratados humanamente e con dignidade», manifestou nun inusual comunicado.

Naiz