A organización Human Rights Watch acusou Israel de cometer presumibelmente crimes de guerra durante o seu recente ataque de once días consecutivos á Faixa de Gaza en que morreron 260 persoas, incluídas 66 menores de idade.

.

.

 

                  Image Credit: Human Rights Watch

 

Nun novo relatorio, Human Rights Watch pediu á Corte Penal Internacional que investigue os crimes cometidos por Israel contra persoas civis palestinas. Entre as sobreviventes que falaron coa organización está Omar Abu el-Ouf, que perdeu o pai, a nai e os  dous irmáns cando o prédio de catro andadres desabou na cidade de Gaza a consecuencia dos ataques aéreos israelitas.

 

Omar Abu el-Ouf: “Por qué mataron a miña familia? Por qué mataron o meu pai e a miña nai? Por qué me deixaron orfo? Quen fará xustiza por mim?”.

 

O pai de Omar Abu el-Ouf era o xefe de medicina interna do hosital Al-Shifa na cidade de Gaza, onde dirixía a resposta ao coronavirus do hospital. Human Rights Watch tamén acusou grupos armados palestinos de cometeren ataques ilegais por dispararen foguetes de maneira indiscriminada contra Israel.

Democracy Now