Organizado pola Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Instituto Superior de Estudios Sociales (ISES) arxentino, a Universidade Nacional de Mar del Plata e a revista-rede de estudos sociais Ibero América Social, os próximos dias 13 e 14 decorrerá en Compostela o I Encontro Internacional de Estudos sobre Estados de Excepción e Terrorismo de Estado, coordenado polos profesores César Román e Lisandro Cañón.

I encontro

A temática central deste Primeiro Encontro é reflectir sobre os Estados de Excepción, as formas específicas que puido adquirir en Europa, salazarismo (Portugal), franquismo (Reino de España), fascismo (Italia), nazismo (Alemaña), coronelismo (grecia); e en América, terrorismo de Estado. Embora cada caso mencionado responde a circunstancias específicas -vinculados ao xeito e ao momento en que ocorreron as prácticas de violencia estatal, así como aos actores involucrados-, a posibilidade de confrontar uns con outros, na súa correlación coa crise política a que corresponden, permitirá alargar e complexizar a realidade dun proceso político que no día de hoxe se mantén aberto. Por iso, e apesar da proliferación de investigacións, do estendido e profundo que foi o seu estudo, a análise dos seus alcances, raíces e proxeccións, non está esgotada.

Para este propósito caben estudos sobre diferentes aspectos como poden ser: a configuración, duración e prácticas; as dimensións ideolóxicas que os inspiraron, a súa evolución temporal; e as prácticas violentas que están asociadas á súa existencia. Como tamén, investigacións referidas aos procesos de saída das ditaduras e de mudanza de réximes.

Participantes

O Encontro contará coa participación do Proxecto de Investigación: “Actitudes sociais en contextos de violencia estatal masiva: procesos de adaptación e resiliencia na retaguarda da Guerra Civil española (Galicia, 1936-1939)” e de especialistas non só da Galiza, senón tamén da América do Sur (Argentina, Chile, Uruguay, Brasil), dos EUA e de diversos estados e países europeos (Portugal, Italia, Grecia, Catalunya, Euskadi).

Programa