“A Audiencia de Barcelona absolve dous axentes ao non poder identificar con claridade que antidisturbios bateu nun mozo”. “Arquivada a causa sobre a bola de goma que deixou torto un mozo no 22M ao non poder identificar o axente que disparou”. Son dúas noticias recollidas ao acaso, mais bastantante habituais. E é que non é estraño ver axentes antidisturbios desempeñando o seu traballo sen ningún tipo de identificación visíbel. Mais aínda é peor, cando os axentes si levan número, este parece estar deseñado para confundir. Como? O que están a ler.

O cineasta e activista Stéphane M. Grueso, máis coñecido nas redes polo seu pseudónimo @Fanetin, publicou un fío en Twitter no que analiza o tipo de letra utilizado pola Policía para os seus números de identificación.

Fanetin, tamén colaborador no programa Carne Cruda e membro da Plataforma en Defensa de Liberdade de Información (PDLI), demostra con fotos, como a tipografía utilizada complica excesivamente diferenciar uns caracteres doutros. Distinguir entre un “S” e un “5” é tarefa pouco menos que imposíbel. O mesmo acontece co “O”, o “D” e o “Q”. No caso do número “0” e o “O”, xa é totalmente imposíbel, xa que son exactamente iguais.

Máis información en Público (24/09/2017)