Pensar as formas de Estado e os réximes políticos de excepción como obxecto de historia require, no ámbito académico, dun exame previo das liñas que guían a intelectualidade. A intervención de Zola no caso Dreyfus contribuíu a modificar a concepción do mundo, quer dicir, a suscitar novos modos de pensar. Zola non cre no que se manda crer, non pensa o que se quer que sexa pensado. Nese sentido, Zola rompe coa reprodución da forma de vida oficial. Distánciase, desta feita, do sacerdocio secular, xa non fala positivamente dos intereses e os obxectivos do Estado.

 

Resultado de imagen de facultade xeografía historia usc

 

Após a revolución francesa, a razón iluminista foi divinizada. Da deusa Razón esperábase a racionalidade na historia, mais é a razón da burguesía capitalista, é a racionalidade capitalista a que se erixe como divindade. O réxime nazi foi un produto da razón humana, a aplicación do que Adorno e Horkheimer identifican coa razón instrumental. Isto é, unha razón instrumento, un instrumento de dominio. A razón é utilizada para someter os seres humanos e a natureza.

Esta dominación que, non só fai que a razón perda o seu potencial emancipador, se exerce sufocando as pulsións, os desexos, os instintos máis xenuínos do ser humano, conforman unha sociedade que, para Adorno e Horkhaimer, é a sociedade capitalista.

 

 

Cando Adorno e Horkheimer escriben o seu libro, xa coñecen un grande texto de Walter Benjamin: Tese de filosofía da historia (1940). Entre outras cousas, Benjamin, nas súas teses, pon en cuestión as formas hexemónicas en que se impuxo o discurso histórico. As preguntas que guían ese cuestionamiento son: Hai unha única forma de facer historia? E esa forma é sempre a forma dos vencedores? Mais se a historia é escrita polos que gañan, que pasa coas historias derrotadas? Conseguen ou non redimirse?

Así, nunha das súas teses, Benjamin (2008), di: “O don de atizar no pasado a faísca da esperanza reside só naquel historiador que está penetrado do seguinte: nin sequera os mortos estarán seguros se o inimigo vencer”. Porque se o inimigo vencer, e para Benjamin non deixou de vencer, fará desapareceren tamén os testemuños dos vencidos. Por iso, a loita por quen escribe a historia non é un dato menor. Non é un simples xogo de historiadores. Do que estamos a falar, é da posibilidade dunha xustiza real.

Para este II Encontro espéranse propostas que aborden o tema desde as distintas ciencias sociais e que, a partir de exemplos concretos, tanto monográficos como comparados, conduzan a unha historización do obxecto.

Datas importantes:

Proposta de simposios até o 15/07/20
Proposta de comunicacións até o 15/07/20
Pautas para o envío de propostas