Ser palestino ou palestina é vivir en constante loita contra a morte. Merecen máis do que un #palestinianlivesmatter, merecen que o mundo grite a súa dor.

 

Seria interessante, e como nos convidaría á reflexión, comezar cunha frase de Ernesto Guevara de La Serna: “Sexan capaces de sentir calquera inxustiza cometida contra calquera en calquera lugar do mundo, é a cualidade máis bonita dun revolucionario”. Mais se aterramos na realidade, non todas as inxustizas son sentidas por igual, existen demasiadas vítimas de inxustizas condenadas ao esquecemento.

Todos os días son executadas persoas palestinas no máis absoluto silencio informativo. Os Check-Points, pasaxes da liña de Gaza a diferentes territorios ocupados, son viveiros de execucións perpetradas polo exército israelita. En tanto se extermina o pobo palestino, os países aliñados co capital calan, e silencio é aprobación.

Xerusalén, maio de 2020. Iyad Hallak, un xoven palestino de 32 anos con autismo, ía ao centro de educación especial onde recibía tratamento terapéutico. Cando chegaba, quixo coller o teléfono para enviar un whatssap á nai como facia todos os días para lle dicir que estaba ben e nese momento foi morto a tiros por soldados sionistas. A escusa? Pensaron que ía armado.

Ramallah, 24 horas antes do asasinato de Iyad, o xoven Fadi Samara foi asasinado cando ía recoller os fillos por soldados sionistas.

Abú Dis (Cisxordania), 23 de xuño de 2020, Ahmed Erekat de 27 años ía a Belén recoller a familia. Neste caso a escusa dos soldados da IDF para o balear foi que conducia rápido demais. Mais non foi só iso. Os servizos sanitarios non foron autorizados a entrar para atendelo. Ahmed era sobriño do secretario xeral da Organización para a Liberación da Palestina (OLP), feito significativo que suxere que pudo tratarse dunha execución.

Estes son apenas tres casos dos que acontece a diario, da enorme lista de persoas asasinadas por mero feito de seren palestinas. Temos que sentir calquera inxustiza, teñen que doernos as mortes de todas as vítimas da barbarie. A comunidade afro-descendente está sendo asasinada e é xusto sentilo e loitar para que iso non continúe acontecendo. Mais tamén non debemos ollar para outro lado ante o exterminio do pobo palestino. Un pobo que vive en loita constante contra a morte.

Por Lyudmila

Nueva Revolución