A prisioneira que partillaba cela coa muller morta no cárcere de Iruñea foi detida e está a ser investigada por suposto homicidio. A isto compre acrecentar que as dúas reclusas estaban na mesma cela por aplicación do protocolo anti-suicidio, unha práctica que acaba de ser seriamente posta en causa polo Comité para a Prevención da Tortura do Consello de Europa.

 

Sanitarios en la prisión navarra de Pamplona I

 

O sentido da denuncia pola morte dunha presa de 39 anos nos cárcere de Iruñea, coñecida na pasada quinta-feira, virou 24 horas despois.  Se no inicio o foco foi posto sobre a falta de asistencia sanitaria por canto son ben coñecidas as carencias do centro, onde non hai médico de garda que cubra toda a xornada, o que agora está en causa é o protocolo anti-suicidios aplicado masivamente nos cárceres españois e criticado no recente relatorio do Comité para a Prevención da Tortura.

.Son varios os medios que indican esta sexta-feira que ambas as presas estaban na mesma cela pola aplicación deste protocolo. Neste sistema, outórgase á compañeira de cela a responsabilidade de monitorar a persoa que está sob vixilancia permanente. Por agora non foi dada a coñecer a identidade da presa de acompañamento agora investigada.

Tampouco se coñecen os motivos do falecemento. O caso foi posto sob segredo do sumario polo Xulgado de Instrución de Iruñea. Si transcendeu no entanto, de fontes policiais, que a compañeira de cela, de 47 anos, foi detida e é investigada por suposto homicidio.

 

CPT: «Ningún preso debe monitorar»

Acontece que o CPT acaba de reprender o Estado español por este protocolo anti-suicidios que responsabiliza unha persoa presa do cuidado de outra. No relatorio publicado esta semana, na secuencia da visita de setembro de 2020, indícase o seguinte: «Embora poda ser apropiado que os presos reciban formación para desempeñar un papel de mentores para apoiaren os presos vulnerabeis, o CPT considera que ningún preso debería ser responsábel de monitorar outro preso que se considere en risco de tentar suicidarse».

Por consecuencia, «o CPT recomenda ás autoridades españolas deixaren de encomendar aos presos que actúen como observadores permanentes doutros presos que corren o risco de cometer un acto de autolesión ou de suicidio e que esta tarefa sexa encomendada a membros do persoal capacitados».

(Ver aquí o relatorio na versión en castelán)

Naiz