Manifesto: Denuncia contra Iñaki Rivera, pola súa acción de denuncia da tortura e a violencia institucional

O sindicato CC.OO denunciou ao director do Observatorio do Sistema Penal e os Dereitos Humanos da Universidade de Barcelona e director do SIRECOVI, polo delito de calumnias con publicidade, por mor da súa intervención nunha entrevista televisiva en TV3, en que denunciou a existencia de tortura nos cárceres.

 

Resultado de imaxes para iñaki rivera denunciado por ccoo funcionarios prisiones

 

O pasado 18 de decembro de 2018, a Agrupación de Persoal Penitenciario do Sindicato Comisións Obreiras presentou unha denuncia por unhas declaracións feitas por Iñaki Rivera no pasado 29 de novembro de 2018 no programa “Tot é mou” de TV3.

Posteriormente, o 21/03/2019, o Sindicato de prisións CSIF, instou Iñaki Rivera, nunha conciliación previa, a que rectificase aquelas manifestacións, sob advertencia de o denunciar por calumnias, denuncia que a día de hoxe non consta formalizada.

O programa ‘Tot é mou’ coincidiu coa mobilización dos familiares de persoas mortas nos cárceres e a presentación do relatorio de 2 anos de traballo do SIRECOVI1
.
O programa televisivo quixo entrevistar a irmá dunha muller morta no Departamento Especial de Réxime Fechado do centro penal de Brians I no pasado mes de agosto de 2018, para contar cun relato vivencial. Tamén quixo incorporar un punto de vista profesional sobre a situación dos cárceres e convidou a Iñaki Rivera, referente e coñecedor da materia.

No curso da entrevista, Iñaki Rivera sintetizou o estado do fenómeno da tortura e os malos tratos nos cárceres, lembrou o estado obsoleto da normativa penal e citou as recomendacións internacionais pendentes de incorporar. En canto a situacións concretas, abordou as contencións mecánicas, as mortes baixo custodia e varias prácticas de violencia institucional que levan a cabo como a chamada posición de “Superman”.
As informacións e consideracións que expresou Iñaki Rivera, son todas elas coñecidas de primeira man por el e polo equipo do SIRECOVI, que visita semanalmente os cárceres de toda Catalunya. Tamén están recollidas e documentadas en relatorios de diversos organismos nacionais e internacionais.
Dada a polémica iniciada por mor das súas declaracións no programa de TV3, o OSPDH o 12/10/20182 emitiu un comunicado para denunciar o asedio que estaba a sufrir Iñaki Rivera e para esclarecer que cando atribuíu a existencia de tortura e malos tratos aos funcionarios de prisións, se refería á definición legal de tortura, que segundo o Código Penal, só pode ser cometida polas autoridades ou os funcionarios.

Apesar diso, a súa exposición sobre tortura, en chave de divulgación e de denuncia, foi utilizada polo sindicato CC.OO para atribuírlle ter calumniado e deshonrado o corpo de funcionarios de prisións.

Esta denuncia, non pode máis que interpretarse como un intento de disuadir Iñaki Rivera, a equipa do OSPDH e SIRECOVI e o resto de entidades de Dereitos Humanos que traballan nas prisións, na súa acción de denuncia da violencia institucional e da
vulneración de dereitos.

Esta represalia, supón un punto de inflexión na hostilidade sostida durante os últimos 15 anos, por parte dun sector dos funcionarios de prisións coa tarefa que leva a cabo Iñaki Rivera e a equipa do OSPDH/SIRECOVI, e constitúe un ataque inxustificábel ao dereito á liberdade de expresión.

Así, esta cuarta-feira 18 de setembro, Iñaki Rivera deberá prestar declaración ante o xuíz, mais non o fará desamparado. A día de hoxe, a Organización Mundial Contra a Tortura, con sede en Xenebra, xunto coa Federación Internacional polos Dereitos Humanos,
con sede en Paris, organismos referentes na materia, divulgaron un comunicado de apoio a Rivera, recoñecido defensor dos dereitos humanos, en que interpela os gobernos catalán e estatal para que impidan este acto de represalia. Así mesmo, as
entidades de dereitos humanos de todo o Estado [entre elas EsCULcA] prestan apoio unánime a Iñaki Rivera, ante este interesado e groseiro uso da xustiza.