Francisco M.R, vítima da agresión, critica que dúas semanas despois da malleira fascista as dilixencias aínda non están nos xulgados.

 

Francisco M.R, vítima da agresión, critica que dúas semanas despois da malleira fascista as dilixencias aínda non están nos xulgados.

 

Francisco Martíns, o independentista vítima dunha brutal agresión fascista o pasado 7 de marzo, compareceu esta quinta feira ante a prensa arroupado por representantes de diferentes colectivos, entidades e movementos sociais da comarca. Martíns, que aínda está a recuperarse das feridas provocadas pola malleira, denunciou o que considera que é “pasividade” policial e xudicial perante unha agresión que cualifica de fascista. Dúas semanas despois dos feitos, as dilixencias aínda non están nos xulgados.

“Está todo paralizado”, lamenta o ferrolán a Sermos Galiza, e lembra que foi el propio canda outra testemuña da agresión, quen identificou unha das persoas supostamente agresoras e o denunciou perante a policía española.

O avogado, Alexandre Cortizas, afirmou “non entender o retraso” neste caso, apuntando a que embora xa decorresen dúas semanas desde os feitos e máis de dez días da presentación da denuncia, “as actuación non están trasladadas ao xulgado, non están ‘sub iudice’”.

O veciño agredido, militante de Causa Galiza, compareceu acompañado por representantes da Fundaçom Artábria, da CIG, PSOE, BNG, PCPE. Todos coincidiron en salientar a gravidade da agresión.

Algunhas das persoas presentes na conferencia de prensa afirmaron que este caso non era algo isolado e que era unha mostra máis do auxe da extrema dereita, chamando a veciñanza a organizarse para non permitir que o fascismo vaia gañando espazo na cidade.

Sermos Galiza