A altas horas da noite pasada a policía continuaba reprimindo manifesantes e pondo en risco a súa integridade na localidade de Llave, Puno.

.
.
La represión de las fuerzas de seguridad contra las manifestaciones en Perú ha dejado al menos 50 muertos y cientos de heridos.                                                                                       Foto: EFE

 

Na madrugada do 20 de xaneiro tivo lugar un novo acto vandálico da policía na rexión peruana de Puno, cando un axente disparou a súa arma de fogo contra un grupo de persoas que protestaban contra a presidente Dina Boluarte.

A acción do axente desencadeou a indignación da cidadanía na localidade de Llave, onde horas antes a represión das manifestación deixara polo menos seis persoas feridas.

 

 

 

 

Un vídeo publicado por medios locais mostra como o axente poicial dispara a súa arma de fogo contra os manifestantes, o que provocou que decenas de cidadáns se dirixisen e rodeasen a escuadra da policía en Llave, Puno.

A Dirección Rexional de Saúde (Direna) de Puno informou que un home de 62 anos morreu cando era levado a un centro hospitalar, elevando a 60 o número de mortes causadas pola represión en Perú desde decembro pasado.

A vítima foi identificada como Isidro Arcata Mamani e foi unha das persoas feridas durante a violenta represión na cidade andina.

Tamén se coñeceu a morte doutra persoa que participu nos protestos na localidade de Chao na rexión peruana de Libertad no noeste do país.

Durante a xornada de mobilizacións contra a presidente peruana na rexión de Arequipa, polo menos tres persoas resultaron feridas cando as forzas policiais tentaban recuperar o aeroporto Alfredo Rodríguez Ballón.

Os media peruanos RPP e La República denunciaron que repórteres seus foron asaltados e golpeados durante a cobertura das manifestción anti-gobernamentais no centro histórico da cidade de Lima.

O Colexio de Xornalistas do Perú expresou o seu rexeitaente ás agresións a xornaistas que fan o seu traballo cubrindo as manifestacións na capital peruana.

“A nosa Orde manifesta a súa condena absoluta e ssixe á policía protexer os xornalistas e ao Ministerio Público investigar e sancioinar os infractores”, sinala o Colexio de Xornalistas no seu pronunciamento.

Os protestos contra o Goberno peruano foron intensificándose desde o pasado 7 de decembro, cando o Congreso destituiu Pedro Castillo e xuramentou Boluarte como nova presidente.

A represión das forzas policiais contra as manifestacións deixou, segundo cifras da Valedora do Perú, polo menos 50 mortes e centos de persoas feridas.

TeleSur