A cidadanía xa pode sumarse á querela colectiva que promove a plataforma “Querellants per la República” contra o xuiz do Tribunal Supremo Pablo Llarena, que procesou por rebelión 13 líderes independentistas . A querela será cursada, como mínimo, por un delito de prevaricación, mais podería ser complementada con outros feitos delituosos.
                                                             Pablo Llarena. Foto: Europa Press

Trátase dunha querela sobre a que está traballando unha equipa de penalistas que se agrupou na plataforma, mais que agora se fai extensiva a todas aquelas persoas que quixeren incorporarse. “Chamamos á unidade en defensa dos nosos dereitos democráticos e pola república”, anunciaron representantes da plataforma, que instaron todas as persoas que queiran participar voluntariamente a prestar a súa “colaboración” e a seguir os pasos que irán sendo anunciados.

Unha nota informativa, o primeiro paso

Para poder ser querelante compre, em primeiro lugar, unha nota informativa de inscripción no censo electoral que acredite ter sido votante no 21 de decembro. Un requisito “imprescindíbel”, segundo subliñan, para poder formar parte da querela.

Querela que pode ser ampliada

A querela por prevaricación contra Llarena tamén podería facerse extensiva a outros marxistrados vinculados co caso, e a xuíza da AN Carmen Lamela e do tribunal de apelacións do Supremo, que

La querella per prevaricació contra Llarena també podria fer-se extensiva a altres magistrats vinculats al cas, i a la jutge de l’Audiència Nacional Carmen Lamela i del tribunal d’apel·lacions del Suprem, que acabou decidindo, por exemplo, sobre os recursos de Jordi Sànchez e Joaquim Forn, a quen se denegou a saída da prisión.

Aliás, a plataforma estuda abrir tamén unha acusación de ámbito internacional, xa que considera que puderon ter sido vulnerados dereitos fundamentais das persoas preocesadas.

Aida Morales | 23/04/2018 a les 14:32h