A supermodelo estadunidense Bela Hadid criticou novamente Instagram por censurar algunhas das súas publicacións relacionadas cos feitos violentos cometidos polas forzas de ocupación israelitas contra centos de palestinos na Mesquita de Al Aqsa.

 

 

Bella Hadid se muestra bañada en lágrimas mientras reflexiona sobre sus momentos de crisis - E! Online Latino - MX

 

 

Hadid, que tamén ten nacionalidade palestina por parte do pai, denunciou que a exposición da conta foi limitada aos seus máis de 51 millóns de seguidores, porque divulgou vídeos sobre os actos da Policía israelita contra os fieis palestinos na Esplanada das Mesquitas.

Nun vídeo lamentou que “Instagram impediume publicar as miñas historias, case sempre cando se trata de Palestina, supoño”.

Explicou que cando publica noticias sobre a Palestina, inmediatamente, “me pon sob os efectos do ‘shadowban’, polo que son case un millón de persoas as que non poden as miñas historias e publicacións”.

O shadowban son restricións que as redes sociais aplican aos usuarios por supostamente infrinxiren os seus termos e condicións. Pode variar desde a eliminación da conta por faltas moi graves ou censura de maneira moi sutil sen notificar previamente a medida.

Censura continuada contra Bela Hadid

Non é a primeira vez que Bela Hadid denuncia censura por parte de Instagram, xa que en xullo de 2020 a rede social lle impuxo restricións por un post en que destacaba o seu orgullo por ter orixes palestinas.

Naquel momento subiu unha fotografía do pasaporte do pai, Mohamed Anwar Hadid, onde se aprecia a nacionalidade. A supermodelo acompañouno cunha inscrición que dicía: “Estou orgullosa de ser palestina”.

Instagram eliminou inmediatamente a publicación e puxo o aviso dunha suposta infracción ás normas comunitarias sobre ‘acoso e bullying’.

Violencia en Al Aqsa

Ao longo do mes de abril unidades da Policía israelita irromperon unha e outra vez nas inmediacións da Mesquita de Al Aqsa (Xerusalén), lugar sacro de adoración para o pobo musulmán, xerando violentos confrontos contra os fieis palestinos. O resultado foi centos de persoas detidas e máis de 150 feridas.

A Autoridade Nacional Palestina cualificou o episodio como un ?crime atroz? que afectou os fieis que se atopaban no interior e nos arredores do santuario, incluídas mulleres, nenos e anciáns, así como aos socorristas e xornalistas presentes.

?Este feito demostra a estratexia de Tel Aviv de judaizar a zona oriental de Xerusalén?, denunciaron.

Fuser News