A denominada Autoridade Portuaria de Melilla vai instalar 300 metros dun novo valado coroado por concertinas de arame farpado á volta do chamado perímetro de seguranza. Con esta actuación ficará totalmente «blindado» contra as «incursións ilegais de estranxeiros», segundo subliñou o presidente da institución, Miguel Marín.

 

 

A instalación deste novo treito de arame farpado, que estará concluída nos principios de marzo, coincide no tempo coas ordes do Ministerio do Interior de retirar parcialmente o arame dos valos de Ceuta e Melilla, en principio para o substituir por medios menos lesivos. Unha medida comprometida publicamente polo ministro de Interior, Grande-Marlaska, e da que moito se ten gabado.

Insurgente