Europa Press informa que cando os presos estaban nas celas depois do xantar, un interno alertou os funcionarios da situación do seu compañeiro, que se encontraba mal e precisaba axuda. Apesar da atención recibida polos servizos médicos de emerxencia do cárcere, o preso faleceu.  Para coñecer as causas do óbito compre agardar os resultados da autópsia, que por agora non foron revelados.