O xefe superior da Policía Nacional en Nafarroa Daniel Rodríguez López, presentou a súa demisión depois de desvelarse que usa unha conta de Twitter para insultar políticos independentistas e louvar o golpista Antonio Tejero.

 

Daniel Rodríguez CNP Navarra Efe                                     Daniel Rodríguez CNP Navarra Efe

 

Fontes policiais informaron a Efe da renuncia Rodríguez López, nomeado en 2012 polo Goberno do PP. Por outro ladoo, o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, estava estudando o seu cesamento. Aliás, a Dirección Xeral da Policía abriu unha información reservada sobre o comportamento deste mando policial, que non negou a autoría desas mensaxes.

 

tuit tejero eldiario

 

Os chios de Rodríguez
O xa exjefe superior do Corpo Nacional de Polícia en Nafarroa negara a eldiario.es ser el o propietario da conta, comentando primeiro que era do seu irmán e mesmo da muller. Apesar diso, el tiña a conta instalada no seu celular oficial e o nome, @polientes1612, corresponde a Polientes, localidade cántabra onde naceu.

Ademais, de utilizar a conta para insultar líderes independentistas e dirixentes de Podemos, tamén enalteceu desde esta a Antonio Tejero e o líder de Vox, Santiago Abascal. Xustamente de Tejero chegou dicir que és “un soldado e garda civil que puxo a vida ao servizo de España”.

 

colau analfabeta eldiario

twit tejero eldiario

Tamén se dedicou a insultar a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, chamándoa de “analfabeta funcional”.

El Nacional