O home foi posto en liberdade antes de presentar a denuncia, grazas á imposibilidade das autoridades españolas de levar a cabo as deportacións forzadas con normalidade como consecuencia da crise provocada porlo Covid-19. Diversas entidades de defensa dos dereitos humanos emitiron un comunicado en que explican este caso e aseguran que se están producindo más situacións de tensión no centro da Zona Franca por causa do contexto de emerxencia sanitaria. Finalmente, a Policía Nacional española liberou na quinta-feira pola tarde os últimos internos que restaban na instalación, que permanecerá fechada provisoriamente.

/ SERGI RUGRAND (KRASNYIBCN)

O Xulgado de garda de Barcelona recibiu na quinta-feira pola mañá a denuncia dun interno no Centro de Internamento de Estranxeiros (CIE) de Barcelona por un delito de lesións e outro contra a integridade moral con agravamento de superioridade numérica e de terse valido da condición de funcionarios, xa que os individuos sinalados como responsábeis dos feitos son cinco axentes do Corpo Nacional de Policía que a semana pasada traballaban nas instalacións situadas na Zona franca durante o turno de tarde. O escrito foi presentado polo Centre per la Defensa dels Drets Humans, Irídia,e actualmente o denunciante está en liberdade grazas á  l’alteración no funcionamento habitual do centre por causa da crise do coronavirus, que finalmente provocou a posta en liberdade dos internos que ainda restaban no interior e o encerramento provisorio da instalación a partir de quinta-feira pola tarde.

Na denuncia presentada no xulgado, o interno asegura que o episodio produciuse no pasado domingo 15 de marzo ás 16:15, despois do reconto e antes de poderen os internos sair ao patio. Segundo o seu relato, o grupo de policías retirábase do corredor despois de un incidente con outro interno, que, por causa da tensión acumulada, tería proferido algúns insultos. Os policías creron que o improperio proviña da cela onde estaba o denunciante e interromperon rapidamente no seu interior. Un deles propinoulle dúas labazadas. Cando a vítima tentou repelir a agresión, os catro axentes restantes encurralárono: tres deles inmovilizárono, o cuarto bateulle coa porra nas pernas e nas costas e o instigador voltou a arremeter repetidamente contra el, nesta ocasión dándolle puñadas.

 

O interno recibiu unha puñada no ollo dereito que lle provocou unha ferida. Alén desta secuela, a agresión produciulle diversas contusións por todo o corpo, sobretodo na tíbia esquerda e en diferentes partes das costas, que produciron inflamacións e hematomas.

 

“Durante a agresión insultáronme con expresións como ‘hijo de puta’, ‘maricón’, ‘por qué no nos llamas grupo de maricones a la cara’, en tanto eu tentaba protexer a cabeza cos brazos e repetía que eu non dixera nada”, explica o autor da denuncia, que incorpora o pedido de que sexa tomada declaración aos tres compañeiros da cela, testemuñas do acontecido. “A seguir os axentes agarráronme polo pescozo, inmovilizáronme cun brazo nas costas para porme as alxemas”, asegura o home, que manifesta como naquel instante recibiu unha puñada no ollo dereito que lle provocou unha ferida. Alén desta secuela, a agresión produciulle diversas contusións por todo o corpo, sobretodo na tíbia esquerda e en diferentes partes das costas, que produciron inflamacións e hematomas.

A seguir, os axentes teríano sacado da cela para o levaren alxemados a enfermaría, dándolle golpes nas pernas e meténdolle rasteiras para que caíse ao chan, “facéndome sentir como se fose un animal”. O trato sanitario que recebiu tería sido de todo irregular porque foi atendido en presenza dos axentes agresores, que a preguntas da médica sobre como se produciran as feridas responderon que eran resultado dun golpe cunha porta. Alén diso, segundo a denuncia, a facultativa teríalle dito “así non conseguirás nada” despois de el tentar explicarlle o que acontecerea. Finalmente non recibiu copia do relatorio médico mais si unhas pílulas para calmalo.

DAVID BOU

Directa