No vindeiro 6 de xaneiro, o colectivo Palestina.gal levará a cabo en Vigo unha acción de protesto que pretende tornar visibeis as políticas de apartheid e xenocidio que perpetra Israel contra o pobo palestino, nun momento en que a violencia sionista contra as poboacións da Faixa de Gaza e a Cisxordania atinxe novos rexistros.  A intervención terá lugar na Praza da Colexiata da cidade entre as 11:30 e as 13:00 horas.

 

 

 

“Un xenocidio silenciado polo aparato sionista, que pouco a pouco rouba e mata as vidas das Palestinas, segue o saqueo a colonización e roubo de terras, a construción do muro, bombardeos, asasinatos diarios, encarceramentos arbitrarios, por que inda que non saia no telexornal o xenocidio segue día a día, mentres a comunidade internacional mira cara outro lado”, afirma Galiza.gal.