.
O xulgado de instrución número 1 de Barcelona admitiu a trámite a querela do Centre Irídia e investigará dous escopeteiros dos Mossos d’Esquadra polo disparo dun proxéctil de foam que
vaciou un ollo dunha xovendurante os protestos polo encarceramento de Pablo Hasel. O xuiz citou a declarar o próximo 14 de xuño os dous axentes, unha testemuña e a vítima.
.
A xoven, de dezanove anos, foi ferida o 17 de febreiro pasado na Via Augusta de Barcelona, perto da praza Gal.la Placídia. A manifestación en apoio a Pablo Hasel encallara nese punto, xa que algúns maifestantes atiraron obxectos e fixeron pintadas nunha comisaría da policía española. Os Mossos d’Esquadra fixeron cargas e dispararon foam coa intención de dispersar a manifestación.
Betevé rexistrou o momento do disparo que feriu a moza:
O avogado da vítima, Xavier Muñoz, desexou que a investigación xudicial “satisfaga as necesidades de verdade e xustiza que reclaman tanto a vítima como a sociedade en xeral”. Neste sentido, afirmou que moi probabelmente o disparo que feriu a xoven “foi realizado de maneira anti-regulamentar e contraria ao protocolo”. Por iso, reclama aos Mossos que colaboren co xuiz para esclarecer os feitos e apurar responsabilidades.
Redacción VilaWeb