Os dous fillos máis vellos, de apenas 9 e 7 anos, desafiaron os soldados que invadiran a casa para deter o pai. “Deixai o meu pai en paz. Marchai. O can non me mete medo”, gritou o máis vello dos dous, aludindo ao can que acompañaba os membros da IDF.

Un especialista en dereitos humanos comentou a detención de Nawajaa, citando un artigo da Convención internacional sobre a suppresión e o castigo do crime de apartheid das Nacións Unidas, que define a ‘persecución das organizacións e das persoas, privándoas dos dereitos e liberdades fundamentais, porque se opoñen ao apartheid’, como un dos actos inhumanos cometidos para manter o sistema de apartheid no estado sionista.

Numha recente declaración en que Mahmou Nawajaa saudaba a decisión de varios especialistas de dereitos humanos das Nacións Unidas que condenaron o proxecto israelita de anexión formal en tanto que cristalización dun ‘apartheid do século XXI’, afirmou:

 

« Durante decenios, a inacción e a complicidade internacionais permitiron a Israel violar as leis da ocupación militar, proseguir a súa colonización do territorio palestino ocupado e impor un réxime de apartheid que é recoñecido pola lexislación de Israël.

Confrontados a unha anexión ilegal por Israel, ao seu réxime de apartheid e á súa recusa a recoñecer o noso dereito inalienábel á autodeterminación, estamos na hora de que todos os estados e organizacións internacionais cumpran as súas obrigacións legais e adopten contramedidas eficaces, incluídas sancións

Aurdip