Dous dos catro mortos foron asasinados por militares sionistas na localidade cisxordana de Jenin durante unha operación destinada a protexer a demolición de varias casas de familias palestinas.
.

 

Un palestino de 19 anos, Yazan Abu Tabij, morreu ao ser atinxido por un disparo israelita durante os confrontos que seguiron á destrución dunha vivenda polo exército.

A segunda vítima, Tarek Badwane, 25 anos, membro das forzas de seguranza palestinas, resultou ferido de bala e morreu no hospital. Tarek Badwane estaba diante dunha escuadra da policía perto da casa destruída polo exército de Israel.

“Tivemos unha noite ocupada en varios escenarios”, contou o porta-voz das Forzas de defensa de Israel (FDI), o xeneral da Brigada Hildai zilberman, tal e como recolle o xornal israelita The Jerusalem Post.

Insurgente