Imaxinan que un grupo de máis de 300 musulmáns penetrasen nos lugares sagrados para o pobo xudeu? Cales serían as reaccións internacionais, sobre todo as de Israel e os Estados Unidos? Foi lanzada unha campaña de condena global?, e habería razóns, porque ninguén ten o dereito de profanar os lugares de culto de ninguén, sexa quen for.

 

 

A tolerancia internacional coas violacións de Israel chegou ao momento de permitir que un dos lugares sacros máis importantes para os musulmáns de todo o mundo, o recinto da Mesquita de Al-Aqsa en Xerusalén, sexa profanado constantemente por colonos israelitas ultras.

Ao redor de 330 colonos israelitas entraron novamente no complexo da Mesquita através da Porta de Marrocos, que conduce á praza do Muro de Al-Buraq dentro da Cidade Vella de Xerusalén.

Esta profanación do complexo da mesquita de Al-Aqsa non é a primeira vez que se produce xa que os fanáticos israelitas entran na área con forte protección da policía sionista. En varias ocasións, aliás, estes colonos realizaron oracións xudías no lugar, xa que, segundo a mitoloxía, é onde os ultraortodoxos cren que unha vez estivo o Segundo Templo de Salomón, algo que non está historicamente demostrado.

Ademais, algúns activistas israelitas de extrema dereita avogaron pola destrución do complexo da Mesquita Al-Aqsa para dar paso a un Terceiro Templo.

Cada vez máis, estes activistas tratan de obter apoio para unha maior presenza xudía no lugar, apesar de existir un acordo de tutela conxunta entre Israel e Xordania, que mantén o control sobre os lugares sacros cristiáns e musulmáns en Xerusalén. Contodo, os ultras israelitas pretenden desde hai tempo que a cidade do tres relixións sexa lugar de culto só para as persoas que profesen a relixión xudía.

A mesquita de Al-Aqsa é o terceiro lugar máis sagrado para os musulmáns de todo o mundo. Tamén foi a primeira Qibla do Islam, a dirección cara á cal os fieis deben volverse para orar, antes de que se mudase á Meca

Diario16