
.
B’tselem informou que os funcionarios israelitas confiscaron postes e láminas deseñadas para formar oito carpas, dúas para unha clínica de campo, dous para unha mesquita e catro para vivendas de emerxencia para persoas infectadas e evacuadas das súas casas.
Tamén foi confiscado un xerador de enerxía, así como reservas de area, cimento e blocos de cimento para o piso das carpas.
B’tselem informa que os aldeáns estaban a construír un centro comunitario de primeiros socorros para lidaren coa crise de Covid-19 que paralisou grandes partes do sur da Cisxordania. Hai 106 casos confirmados até agora nos territorios palestinos ocupados da Cisxordania e Gaza, cunha morte dada a coñecer na pasada cuarta-feira.
O val do Xordán cobre unha área de aproximadamente 1,6 millóns de dunams (1.600 km2) e constitúe ao redor do 30 por cento do total da Cisxordania ocupada. Segundo un relatorio anterior do goberno, o Val inclúe ao redor de 280,000 dunams de terra cultivábel, 50,000 dos cales aínda son utilizados por palestinos e 27,000 por colonos xudeus ilegais.
A maioría do val do Xordán está sob o control militar israelita total, apesar de estar dentro da Cisxordania. Entretanto, polo menos o 44 por cento da terra total no Val do Xordán foi reapropiado polas forzas israelitas con fins militares e exercicios de treino.