Ver las imágenes de origen

 

 

Segundo o xornal Haaretz, Al-Qassam,chegou desde a Florida a Israel con vistos de entrada en orde despois de se ter inscrito nun curso da Universidade de Xerusalén, que comezará daqui a poucos días.

A súa familia, sendo ese xornal, é de orixe palestina. Nunha entrevist á radio militar, o Ministro Erdan desmintiu as informacións segundo as cales a moza estaría de facto en estado de arresto no aeroporto. ‘En calquera momento -afirmou- é libre de subir a un avión e voltar aos Estados Unidos’. Mas ela insiste en levar a cabo o seu proxecto e agora o ‘caso Al-Qassam’ está en todos os medios de comunicación.

Algúns deputados do partido Meretz (esquerda sionista) foron procurala e tamén o reitor da Universidade de Xerusalén, Barak Medina, saiu na súa defensa.

‘A decisión do ministro de impedir a entrada a unha estudante só polas súas ideas é unha ameaza para todo aquilo que a Universidade representa’, salientou.

A universidade acolle a troca de opinións, ‘non se asusta’ da comparación de ideas. Aliás, advertiu, se se establece un precedente, ‘outros investigadores e estudantes estranxeiros poden sentirse intimidados’ e renunciar a frecuentar o instituto.

Cunha decisión insólita, a Universidade de Xerusalén decidiu daquela apoiar no tribunal o pedido de Al-Qassam de entrar libremente en Israel.

‘Nesta circunstancia -indignouse o ministro Erdan- a Universidade púxose ao lado da extrema esquerda. Mesmo deu unha bolsa de estudos a Al-Qassam. A universidade actúa en contra do Estado de Israel, contra o goberno e contra unha lei promulgada polo Parlamento (Knesset)’, aquela que autoriza as autoridades prohibiren a entrada a quen tiver actividade no exterior para boicotar Israel.

O ministro, no entanto, indicou unha saída. ‘Se Al-Qassam di abertamente que o seu apoio ao movemento BDS é ilexitimo e que se arrepinte de o ter apoiado, poderemos revisar a nosa decisión’. Na práctica, unha abxuración. A resposta será coñecida logo, durante unha próxima audiencia do caso.

Insurgente