O primeiro ministro israelita, Benjamin Netanyahu, comprometeuse publicamente ante os seus aliados de goberno a:

 

Los verdaderos motivos de los partidos ultraortodoxos para apoyar a Netanyahu

 

 

 

  1. Retirar da lei fundamental a cláusula sétima, que prohibe a participación dos partidos abertamente racistas nas eleccións:
  2. Enmendar a lei anti-discriminación para poder financiar eventos e estruturas que practiquen a separación por sexos e para autorizar a negación de servizos baseada na crenza.
  3. Obrigar as autoridades locais a financiaren escolas ultra-ortodoxas ainda que eses centros non estean sob o control da administración central e mesmo que non apliquen os programas de estudos e recusen ensinar as materias laicas, como matemáticas ou inglés.
  4. Retirar a atribución de bonos de alimentos ao Ministerio de Axudas Sociais e levar esta competencia ao Ministerio do Interior, cuxo criterio para a concesión deses bonos será o feito de non pagar impostos, sabendo que os ultra-ortodoxos son dispensados desa obrigación independentemente dos seus recursos.

 

Para non parecer tan retrógado como os seus aliados de goberno,Netanyahu fixo as seguintes declaracións: “Haberá electricidade durante o Shabbat. Haberá prais (mixtas) para os bañistas. Manteremos o statu quo. Non haberá un país (gobernado) pola halaja.” “A lei do retorno non será alterada” (os alidados esixen que calquera persoa que se candidatar ao regreso teña que demostrar ter un familiar xudío no sentido estrito da palabra).

Ao mesmo tempo, o primeiro ministro corrixiu o seu fillo, Yair Netanyahu, que declarara que os xuíces que ordenaron investigar o seu pai durante o mandato anterior son traidores e que deberían ser castigados como tales.

Para terminar, Benjamin Netanyahu fixo elexir Amir Ohana, o único deputado israelita abertamente gay, como presidente do parlamento.

Rede Voltaire